Nota de Prensa
Encontro dos socialistas mariñaos en Burela
RICARDO VARELA: “SI HOXE HAI ALGO PARADO EN GALICIA SON AS INVERSIÓNS DE NÚÑEZ FEIJOO”
-O Secretario provincial do PSOE lucense Ricardo Varela denunciou que o Partido Popular esquece as necesidades de todos para beneficiar os intereses duns poucos, eso si con carne de militante do PP.
-Dixo que a mentira e a patraña son as especialidades do PP “o único que queren é confundir a poboación para non dar conta da súa ineficacia”, asegurou
– O deputado Ismael Rego afirmou que A Mariña de Lugo é unha das zonas mais castigadas polas nefastas consecuencias da política de Feijoo.
Monte Castelo (Burela), 18 de setembro de 2010. Os socialistas mariñanos mantiveron unha comida na localidade lucense de Burela , no Monte Castelo, un encontro que xa celebra a súa 6ª edición. Ao xantar asistiron representantes de tódalas agrupacións socialistas da Mariña lucense, ademais de cargos orgánicos do Partido como o deputado e secretario provincial Ricardo Varela, a deputada no Congreso Margarita Pérez Herraiz, o senador Luis Angel Lago Lage, ademais do deputado da comarca Ismael Rego e o alcalde de Burela, Alfredo Llano.
O Secretario provincial do PSOE lucense Ricardo Varela asegurou neste encontro que o PSOE é un partido que se preocupa polos problemas dos cidadáns “como a educación, o emprego, o rural a sanidade”. Subliñou tamén que xestiona mellor que ninguén os intereses dos concellos, e denunciou que o Partido Popular esquece as necesidades de todos para beneficiar os intereses duns poucos, eso si con carne de militante do PP.
Varela fixo alusión aos recortes en inversións previstos polo Goberno de Feijoo nos vindeiros orzamentos. Replicou que o único Goberno comprometido coa provincia de Lugo e con Galicia en xeral “é o goberno de Zapatero”. E advirte “si hoxe hai algo parado en Galicia son as inversións da Xunta”, como hoxe reflicten os medios de comunicación “e seguiremos parados cos vindeiros orzamentos”.
O dirixente socialista lembrou as inversións do Goberno de Zapatero na nosa Comunidade, e sinalou as infraestructuras como a ponte de Lugo, a autovía do Cantábrico, a autovía de Santiago, a autopista do Mar de Vigo, a ampliación de Rande como exemplos de proxectos con futuro para Galicia. Ricardo Varela contrapuxo estes compromisos coa deixadez do Goberno de Feijoo como “as paralizacións da VAC Ferrol-San Cibrao, as listas de espera do Hospital da Costa as mais altas da Comunidade e as residencias da 3ª idade que seguen pechadas como a de Monforte e de Viveiro”.
Por último dixo que a mentira e a patraña son as especialidades do PP “ o único que queren é confundir a poboación para non dar conta da súa ineficacia”. E envíolles unha mensaxe “a mentir a Roma”, ironizou o deputado.
O deputado Ismael Rego tamén tivo palabras moi duras para os populares. Argumentou que A Mariña de Lugo é unha das zonas mais castigadas polas nefastas consecuencias da política de Feijoo. Denunciou que a maior inversión do Goberno de Feijoo na Mariña en educación “é a demolición do centro educativo Rivera Casas”, xa que asegura que o único fin deste derribo “son os fins especulativos”. Explicou que cos cartos que inviste a Xunta neste derribo poderíanse pagar os libros de texto a tódolos escolares da Mariña e poñer comedores gratuítos. Tamén puxo en valor a xestión de Zapatero, e cualificou ao Presidente “como o mellor alcalde de España, xa que permitiu triplicar o financiamento de tódolos concellos”.
Por ultimo o alcalde da localidade Alfredo LLano amosouse disposto a seguir traballando por Burela para que siga sendo socialista e solidaria, pero sobre todo para seguir “vixiante dos dereitos dos veciños e das veciñas de Burela coma acadar unha sanidade e unha educación publica de calidade”, resumiu.

















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



