Desde o mércores día 22 de setembro, ás 19 h, exponse no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) unha mostra fotográfica da autora lucense Carmen LLonín, que permanecerá aberta ata o 23 de outubro. Ata o de agora, os traballos que vimos de Carmen Llonín estiveron relacionados coa pintura e a escultura, e sempre relacionados co tema da Natureza. Nesta mostra, a natureza segue vencellada á artista como parte, xa non soamente da súa obra senón da súa vida, expresando as súas emocións a través do medio fotográfico. Nesta mostra, continuidade da celebrada no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo (CENTRAD), veremos obras en formatos grandes, blanco e negro ou cor, na que o medio.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



