Nota de prensa:
Tan só un 3,99% dos traballadores da Deputación secundaron a folga xeral convocada polos Sindicatos
– O 96,01% acudiron ós seus postos de emprego polo que a incidencia desta convocatoria foi mínima e a xornada laboral desenvolveuse con normalidade
– Os servizos mínimos pactados entre o organismo provincial e as forzas sindicais maioritarias, UXT, CCOO e CIG, cumpríronse ó 100%
Tan só un 3,99% dos traballadores da Deputación secundaron a folga xeral convocada para este mércores polas forzas sindicais maioritarias, UXT, CCOO e CIG. O 96,01% acudiron ós seus postos de emprego como de costume, facendo que a incidencia desta convocatoria fose mínima, e a xornada laboral se desenvolvese con total normalidade.
Dos 777 profesionais da Deputación só 31 non traballaron. A súa distribución nos centros dependentes do organismo provincial é a seguiente: dos 419 empregados da Deputación secundaron a folga 28, o que representa o 6,6%; e dos 105 do INLUDES só 3 o fixeron, é dicir o 2,8%. Mentras, tanto en SUPLUSA como na Fundación TIC a plantilla estivo ó completo.
Deste xeito, os servizo mínimos que a Deputación pactou cos Sindicatos cumpríronse ó 100%. A proposta do organismo provincial, que foi aprobada por maioría, establecía estes servizos en 105 traballadores, o que representan o 14% do persoal laboral do organismo provincial.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



