Nota de Presa
No parque Rosalía de Castro de Burela celebrouse o sábado 18 a primeira xornada puntuable da LNB da conferencia NorLeste (area da Mariña) co “II Aberto do Bonito”. Malia a ausencia de varios palanadores habituais, xuntouse unha boa morea de xente que deu calor e color a un encontro xogado a dúas pistas simultaneas, para maior lixereza e vistosidade ao xogo nunha cancha de reducidas dimensións. A final, foi unha repetición da xogada o ano anterior: Hugo, Eric e Daniel, que deixaron na cuneta a Ginés, Guille e Xermán respectivamente, disputaron unha reñida eliminatoria a tres carreiras que finalmente se decantou a favor de Daniel, tendo nembargantes que disputar un desempate con Eric que non llo puxo nada doado. Convertíronse na xornada un total de 7 varados (xogada consistente en introducila billarda no varal de un solo golpe). Houbo premio para os tres finalistas e por riba, o gañador obtivo ademais un bonito, entregado polo colectivo “O Buril” que foron os encargados da organización do trofeo e que forman xa parte activa da serpe multicolor da LNB. As clasificción logo desta competida 1ª xornada quedan como sigue:
| NOME | EQUIPO | PUNTOS |
| DANIEL | BILLARD. MUSICAIS | 29 |
| ERIC | OS OUTROS | 26 |
| HUGO | BILLARD. MUSICAIS | 22 |
| XERMAN | EKIPA-BITERE | 19 |
| GUILLE | OS OUTROS | 17 |
| BORXA | MADIA LEVA | 15 |
| ANDRES A. | BILLARD. MUSICAIS | 14 |
| GENI | OS OUTROS | 14 |
| GINES | REMOURELLE BULLS | 14 |
| REYES | OS OUTROS | 11 |
| ISABEL | OS OUTROS | 9 |
| MARKYTOS | BILLARD. MUSICAIS | 9 |
| MARTINHO | REMOURELLE BULLS | 9 |
| MOISES | REMOURELLE BULLS | 9 |
| ELENA | OS OUTROS | 8 |
| JOSE | OS OUTROS | 8 |
| JOSE MANUEL | EKIPA-BITERE | 8 |
| LOLA | OS OUTROS | 8 |
| MANU | OS OUTROS | 7 |
| MARCOS | REMOURELLE BULLS | 6 |
| ANDRES R. | REMOURELLE BULLS | 5 |
| FRANCO | BILLARD. MUSICAIS | 5 |
| JULIO | BILLARD. MUSICAIS | 5 |
| ROBERTO | O BURIL | 5 |
| PABLO | O BURIL | 4 |
| ARTURO | REMOURELLE BULLS | 3 |
| XAN | MADIA LEVA | 2 |
| JOSE MARIA | OS OUTROS | 1 |
| MANUEL | EKIPA-BITERE | 1 |
| MATIAS | O BURIL | 1 |
| ROSANA | O BURIL | 1 |
| EQUIPOS | ||
| BILLARDEIROS MUSICAIS | 11 | |
| OS OUTROS | 11 | |
| REMOURELLE BULLS | 7 | |
| EKIPA-BITERE | 5 | |
| O BURIL | 4 | |
| MADIA LEVA | 3 | |
| VARADOS | ||
| DANIEL | BILLARDEIROS MUSICAIS | 3 |
| ERIC | OS OUTROS | 2 |
| ANDRES A. | BILLARDEIROS MUSICAIS | 1 |
| GINES | REMOURELLE BULLS | 1 |
























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
