Nota de Prensa
O ALCALDE DE CERVO VERIFICOU O INICIO DOS TRABALLOS PARA O RESTABLECEMENTO DOS ACCESOS Á PRAIA DE RUETA
* O camiño de entrada ao areal permanecía seriamente danado e en situación precaria dende as choivas ocorridas a principios de xuño
* Os traballos consistirán na ampliación dos actuais accesos e na construción dunha escollera de pe duns 65 metros lineais e unha altura media de 8 metros
Cervo, 7 de setembro de 2010.- Alfonso Villares, alcalde de Cervo, acudiu a mediodía de hoxe e acompañado de técnicos municipais a comprobar o arranque dos traballos de restablecemento e mellora dos accesos ao areal de Rueta, os cales permanecían seriamente danados e en situación precaria dende as choivas ocorridas a principios do pasado mes de xuño.
Segundo indicou o rexedor, os traballos consistirán inicialmente na ampliación do ancho dunha parte dos actuais accesos, para despois realizar unha escollera de pe duns 65 metros lineais e unha altura media de 8 metros. Para Villares, a noticia do inicio destas obras “é unha boa nova” despois de que hai tres meses o temporal de choiva derrumbara a práctica totalidade dos accesos a este areal cervense. “Creemos que con esta actuación acometerase por fin unha solución definitiva ao problema que viña padecendo esta praia por mor dos sucesivos derrubos dos seus accesos a causa das choivas e da acción do mar, e que o pasado xuño se viron agravados de xeito considerable tralo temporal que azoutou o concello” recalcou Villares.
Estas obras teñen un orzamento de 520.000 euros e segundo indicaron os responsables da empresa adxudicataria ao alcalde, o prazo de execución para levar adiante estes traballos é de tres meses.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



