NOTA DE PRENSA
O PP de Lugo di que “a vagancia de Besteiro faino atrevido”
* Afirma que o presidente da Deputación “non fixo nada en tres anos para vertebrar a provincia”.
* Esquecer o corredor Barreiros-San Cibrao, “un insulto á Mariña”
Xoves, 2 de setembro de 2010.- O PP de Lugo, manifestou hoxe que “a vagancia de Besteiro faino atrevido, porque non se pode pedir discriminación positiva para a provincia de Lugo cando desde a Deputación non se está a facer nada para vertebrar a mesma, impulsar e crear infraestructuras de carácter productivo e xenerar a confianza precisa para superar a crise económica”.
Non se entenden os criterios que moven a actuación de Gómez Besteiro , dado que a Deputación só actúa en concellos gobernados polo PSOE, e non en todos; e a falla de investimentos en proxectos de futuro, Besteiro limítase a dar subvencións´-limosna de hasta doce mil euros para obras pequenas que logo lle serven para facer inauguracións. A súa incapacidade política lévanos a que non haxa ningún novo proxecto de carácter deportivo ou social que non se tivese iniciado na etapa de goberno do PP, xa que mesmo o novo edificio de Enxeñería do campus lucense vén da etapa anterior. En tres anos, pola súa incapacidade non se tén posto en funcionamento nin un só parque empresarial novo, a rede viaria provincial está feita un desastre ainda que, eso sí, a partida de gastos diversos para propaganda e publicidade tén pasado de un millón oitocentos mil euros en 2007 a máis de cinco millóns en 2010”.
En definitiva, “levamos tres anos perdidos pola vagancia de Besteiro, polo que hai que ser moi atrevidos para vir agora pedíndolle á Xunta esto ou o outro. Sen ir máis lonxe, o corredor San Cibrao-Ferrol está xa en obras na Mariña lucense, pero ainda non hai nin trazado do tramo Barreiros-San Cibrao, que pertenece a Fomento, e sobre eso non se pronuncia nin José Blanco nin Gómez Besteiro, o que supón unha bulra á intelixencia dos cidadáns da Mariña e do conxunto da provincia.
O PP de Lugo pediulle a “Gómez Besteiro, todo rigor e seriedade precisos, porque a Xunta bipartita non deixou nin un só euro para equipamento do novo hospital de Lugo, así que debe explicar como contaban poñelo en funcionamento, hospital que agora sí será punteiro en tecnoloxía médico-cirúrxica”.


















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



