Nota de prensa:
Os populares rexistraron unha emenda á iniciativa debatida no día de onte no Pleno do Parlamento de Galicia co obxecto de manifestar o apoio das administracións aos traballadores desta compañía
O PSOE REXEITA A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA QUE XUNTA E GOBERNO CENTRAL PARTICIPEN NO PLAN DE VIABILIDADE DO GRUPO DE EMPRESAS SARGADELOS
* Os socialistas tamén se negan a aceptar a habilitación dunha liña de axudas por parte do Ministerio de Traballo, única administración competente en materia de Seguridade Social, que permitiría financiar as prexubilacións cunha media de aproximadamente 823 euros para 1.000 euros de salario.
* Os deputados nacionalistas que nin tan sequera acudiron á votación, que tivo lugar na mañá de hoxe, evidenciando a mínima importancia que lle dan a un debate destas características no que está en xogo a continuidade dunha empresa e dos postos de traballo.
Santiago, 29 de setembro de 2010.- O Partido Socialista vén de rexeitar a proposta do Grupo Parlamentario Popular para que Xunta e Goberno central participen e colaboren no plan de viabilidade do grupo de empresas Sargadelos. Os populares rexistraron unha emenda á iniciativa debatida a última hora da tarde de onte no Pleno do Parlamento de Galicia co obxecto de materializar o apoio das administracións aos traballadores desta compañía. Máis en concreto os populares reclamaban poñer en marcha, “previa solicitude da empresa e de xeito concorrente coa administración do Estado, todas as iniciativas e ferramentas ao seu alcance, unha vez demostrada a viabilidade técnica e financeira, que permitan garantir o futuro do grupo de empresas Cerámicas Sargadelos mediante a cobertura das necesidades financeiras a curto e medio prazo, mediante avais ou axudas de capital ao igual que se está facendo noutras empresas, para garantir o seu funcionamento normal”.
AXUDAS ESTATAIS PARA PREXUBILACIÓNS
Tamén os socialistas se negaron a aceptar a habilitación dunha liña de axudas por parte do Ministerio de Traballo, única administración competente en materia de Seguridade Social, que permitiría financiar as prexubilacións de entre 55 e 60 anos cunha media de aproximadamente 823 euros para 1.000 euros de salario, ademais das cotizacións da Seguridade Social. O Grupo Popular considera incomprensible o feito de que, si o Ministerio socialista de Traballo e Seguridade Social, máis en concreto a súa inspección, considerou no seu informe preceptivo que procedía aprobar o ERE para a fábrica da Cerámica de Sargadelos en Cervo, agora se estea a negar a achegar as axudas contempladas na lexislación vixente, máis en concreto, a través das subvencións que poderá conceder o Ministerio de Traballo a traballadores afectados por procesos de reconversión e/ou reestruturación de empresas reguladas na Orde de 5 de abril de 1995 (BOE número 93 do 19 de abril).
O BNG NIN TAN SEQUERA VOTA A SÚA INICIATIVA
Finalmente os populares censuraron que os deputados do Bloque Nacionalista Galego nin tan sequera acudiron á votación celebrada esta mañá no Pleno do Parlamento, evidenciando a mínima importancia que lle outorgan a un debate destas características no que está en xogo a continuidade, en viabilidade, dunha empresa e dos seus postos de traballo. Jose Manuel Balseiro explicou que como os parlamentarios do BNG non se atopaban no Pleno para defender a iniciativa que eles mesmos presentaron, o regulamento da Cámara establece que decae a emenda, e polo tanto, estaría a protagonizar “unha falta de respecto aos traballadores de Sargadelos, pois presentan unha iniciativa que eles mesmos nin votan”.
O deputado José Manuel Balseiro explicou finalmente que o seu grupo non tivo máis remedio que votar en contra do texto da iniciativa que propoñían os grupos da oposición, despois de que estes se negaran a aceptar as emendas do Partido Popular e polo tanto que rexeitaran a implicación do Goberno central na plan de viabilidade do Grupo Sargadelos e a achega das axudas correspondentes a favor dos traballadores



















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



