Nota de Prensa
O PSOE CERVENSE ACUSA Ó CONCELLO DE ACTUAR CONTRA A XUSTIZA NO DERRUBAMENTO DO RIVERA CASÁS
Acusa ó alcalde de cometer unha “atrocidade” no seu empeño por derrubar edificios públicos
CERVO, 11 DE SETEMBRO DE 2010. O Grupo Municipal Socialista considera que o Alcalde de Cervo está a actuar en contra da Xustiza por ter ordenado o derrubamento das instalacións do CEIP Rivera Casás, a pesar de que aínda está pendente de resolución un recurso contencioso-administrativo interposto polo PSOE para evitar esta actuación.
Os socialistas cervenses recordan que o pasado 25 de maio foi interposto ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un recurso contra a resolución do 25 de marzo de 2010 do Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación universitaria da Xunta, polo que se resolvera autorizar a desafectación, solicitada polo Concello de Cervo, dos terreos do CEIP Rivera Casás. A desafectación dos terreos supoñía a apertura do paso para poder eliminar unhas instalacións públicas e dar outro uso ós terreos.
“Modus operandi do Concello”
O Grupo Municipal Socialista de Cervo manifesta o seu “asombro e estupefacción” por “polo pouco respecto que o PP de Cervo ten á Xustiza e ás decisións xudiciais”, dado que a resolución da Consellería está recorrida e pese a isto o derrubamento do colexio xa está iniciado”.
“Non nos colle de sorpresa”, apunta o Grupo, “dado que é o modus operandi do Concello de Cervo e en especial do alcalde, o señor Alfonso Villares, e do seu segundo, o señor Balseiro”.
Necesidade de edificios públicos en Cervo
Os socialistas de Cervo amosan a súa indignación ante a actuación municipal, por canto o municipio ten unha gran necesidade de edificios públicos. Califican esta política do Concello coma “atrocidade”, por mor “do que custa levantar un edificio público, tanto en termos económicos coma burocráticos por parte dunha Administración, e ademais tendo en conta a situación económica do país”. Acusan, polo tanto, ó PP dunha “falsa austeridade da que tanto fala e presume”.
Estudo doutras vías de actuación
O PSdeG-PSOE de Cervo anuncia que está a estudar outras vías de actuación “para frear a grande atrocidade que está cometendo o señor Villares ó derrubar edificios públicos”. Considera paradóxico que, ó mesmo tempo, o alcalde estea precisamente demandando instalacións públicas “como son os antigos locais do Instituto Social da Mariña para albergar o Punto de Atención Infantil”.
Ao respecto, puntualizan que “este tema nunca preocupou ó alcalde ata que o Grupo Municipal Socialista propuxo a utilización das antigas aulas de Infantil do Rivera Casás para emprazar alí o PAI”. Por iso, os socialistas cervenses consideran que a Villares “os nenos deste municipio preocúpanlle moi pouco”. Asemade, argumentan que a pesar de ter comezado xa o novo curso escolar, “a promesa por parte do PP da ampliación do pavillón do CEIP de San Ciprián está sen realizar, así como a substitución da cuberta do patio no CEIP de Cervo, cando prometeran facer as obras no verán para non interferir coa actividade escolar”.
Xa que logo, o PSdeG-PSOE non entende que o alcalde “teña tanta premura para iniciar o derrubamento e sen embargo non considere prioritario cubrir as necesidades dos escolares”.



















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



