Nota de Prensa
O PP negase a crear a Comisión para Reformalo
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE NÚÑEZ FEIJOO OPONSE A REFORMAR O ESTATUTO DE GALICIA
– O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo que dende o PSdeG-PSOE “estaremos sempre dispostos a abordar esta reforma”, pero advirte que coa postura intransixente do PP “non é posible nin comezar”
– O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE Manuel Pachi Vazquez interpelará a Feijoo sobre as reprogramación das infraestructuras viarias da Xunta
-O PP rechazou as comparecencias do Conselleiro de Educación e de Infraestructuras
– O ERE de Saragadelos, as becas das dos xovenes investigadores galegos ou a Dependencia na nosa Comunidade, son algunhas das iniciativas que defenderá o PSdeG
-Reclamou que ou o Presidente da Xunta ou a Conselleira de Facenda, presenten en sede parlamentaria, o Plan Estratéxico 2010-2014 “ e que non sexa un Director Xeral como propón o Goberno”
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 10. O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, denunciou hoxe a nula disposición, e a oposición do PP, para a Constitución da Comisión para a Reforma do Estatuto, prantexada polo PSdeG-PSOE no anterior período de sesións.
Trala reunión da Xunta de Portavoces Leiceaga lamentou que por mor da oposición política do Partido de Feijoo “non sexa posible afrontar dende o Parlamento, co consenso de tódolos grupos, a Reforma do Estatuto de Galicia”. Dixo que dende o PSdeG-PSOE “estaremos sempre dispostos a abordar esta reforma”, pero advirte que coa postura intransixente do PP “non é posible nin comezar”. Ademais non descartou buscar outras vías para acadar un novo consenso estatutario. E insistiu nas súas criticas“para os populares ningún momento é oportuno”.
No que atinxe ao Orde do Día do vindeiro Pleno da cámara Autonómica, Leiceaga reclamou a comparecencia do Conselleiro de Educación “para explicar o inicio do curso escolar”, do que dixo “foi prodigo en dificultades en moitos centros, por mor da falta de profesores, e tamén polas anuncios sobre os recortes anunciados por Feijoo”. A maiores solicitou a comparecencia do Conselleiro de Infraestructuras “do Grupo MATI” para informar dos recortes do Plan Move, que vai ter unha axuste severo, e que o propio Conselleiro cifrou nun 30%. As dúas comparecencias foron rexeitadas polo Partido Popular. Leiceaga anunciou que o PSdeG-PSOE defendera unha moción sobre este asunto.
O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE Manuel Pachi Vazquez interpelará a Feijoo sobre as reprogramación das infraestructuras viarias da Xunta.
Outra moción versara sobre a financiación publico-privada “xa que entendemos que os servicios básicos non deben financiarse por esta vía, e debe garantirse a súa sostibilidade”, subliñou. A terceira moción esta relacionada co impulso da IXP Tenreira Galega e a marca de calidade VAC1.
Sargadelos
Tamén esta na orde do Día o ERE do Grupo Sargadelos, dende o PSdeG-PSOE “impulsaremos unha iniciativa para impedir que a Xunta apoie un ERE extintivo, xa que entendemos que non se corresponde coa situación do grupo empresarial a día de hoxe”. Dixo que esta empresa é un símbolo que traslada fora da Galicia a nosa identidade “e solicitamos que a través do IGAPE se impulse un Plan especifico para dar cobertura as necesidades financeiras a esta empresa e garantir a súa viabilidade”.
Leiceaga tamén amosou a preocupación do PSdeG-PSOE do futuro laboral dos xovenes investigadores galegos, denunciou que para o ano 2011 non están garantidas as convocatorias que permitan continuar as carreiras profesionais dos mozos galegos. Reclamamos a Xunta que faga un esforzo “para non truncar o futuro, dun dos elementos claves e para facela competitiva nun futuro”.
As interpelacións xiraran entorno a Dependencia na nosa Comunidade, amais do compromiso da Xunta co transporte metropolitano dependente da Xunta. Nas preguntas orais serán sobre a paralización de prazas nas escolas infantís e a paralización da apertura do Hospital de Lugo.
Por último aludiu a tramitación do Plan Estratéxico 2010-2014, tratado tamén na Xunta Portavoces. Denunciou que a súa presentación en comisión “non pode devaluarse ata tal punto, de que sexa un Director Xeral quen a presente”. Asegurou que o seu caracter transversal e plurianual precisa da presencia do Presidente da Xunta ou da Conselleira de Facenda. Ademais lembrou que xa se realizou unha presentación publica deste Documento (a empresarios e medios de comunicación) donde contaron con estes dous anfitrións.
Recortes orzamentarios
Tamén se referiu ao recortes orzamentarios anunciados por Feijoo. Sobre a supresión do servicio de Noitebús, lamentou que desapareza “un símbolo do modelo progresista”, e mentres denuncia “o PP non fala nada sobre a racionalización da Administración pública, mentres aumentan cos Delegados Territoriais”, espetou. E sobre os comedores escolares, preguntouse, si Feijoo considera este servicio opcional?. Pola contra criticou a campaña publicitaria “millonaria” do Decreto do Plurilingüismo. Asegura que as eleccións de Feijoo para investir os presupostos da Comuniadade explica as claras a política en materia social deste Goberno.
Tránsfugas
Preguntado polos xornalistas sobre a presencia de tránsfugas nas listas do PP. Leiceaga afirmou que “si en algo se caracterizou o PP é en saber usar os tránsfugas para mover municipios, especialmente Pontevedra e Lugo”. E sinalou que “solo busca o momento máis adecuado para dicirllo aos cidadáns”.

















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



