Desde que hai un par de meses se inaugurou o Centro de Información da Mariña (CENIMA), situado na focega rúa da Riveira, un fermoso edificio irracionalmente ubicado pois racha violentamente co entorno urbanístico tradicional do típico barrio mariñeiro, ven sendo marco de interesantes exposicións artísticas das que disfrutamos xa ó longo do verán, de algunha das cales nos temos ocupado neste mesmo espacio. O pasado sábado tivemos a oportunidade de asistir á inauguración dunha destas mostras que nos chamou poderosamente a atención; daí que o primeiro adxetivo que se nos ocorre para definila é o de sorprendente. Das paredes do lugar penduran catorce cadros de amplas dimensións e a colección leva o título xenérico de “olgas”, porque de eso se trata: a técnica utilizada polo creador consiste en fotografiar olgas que contempla na beiramar, e as imprime sobre lenzo, para aplicar ás mesmas o seu dominio da pintura, inspirado pola imaxinación e a estética persoal, e realizado dende os coñecementos da persoa que ten, como vocación e como oficio, o mundo das artes plásticas pois o autor, Alberto Pena, nado na beiramar focega, a cuio fogar chegaba o recendo das olgas tan próximas, é profesor de arte nun instituto da península do Morrazo; pero as olgas que Alberto amosa, tan sorprendentes e tan atractivas, son do mar de Foz; é no noso entorno onde su utiliza o termo “olga”, e non “alga”, que parece ser o correcto en galego e en castelán. Sen embargo un nunca ten escoitado ós nosos labregos – nos tempos en que ésta se extraía para abonar os campos – “ir ás algas”, senon “ir á olga”. O coñecemento biolóxico da materia a utilizar é importante para acadar a obra que o executor se propón, porque as algas, ou olgas, son capaces de realizar a fontosíntese e en función do pigmento que emplean adquiren distintos cores: verde, pardo ou bermello.É evidente que as posibilidades que a natureza ofrece á creatividade artística son infindas: agradecemos a Alberto Pena que nos trouxese tal mensaxe a través de traballo tan singular como sorprendente, ó menos para nós, e de tanta beleza.
Suso Fernández





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



