Nota de Prensa
A Deputación abrirá este mes o 1º Centro de Asesoramento Empresarial da provincia especializado en TICs
– Dende a plataforma, que se situará no INLUDES e se inclúe dentro do Innova-TE, prestarase apoio ás empresas luguesas para facelas máis competitivas e fomentarase a creación de emprego
– O asesoramento será multicanal, xa que atenderá as consultas que cheguen de forma telemática, telefónica, ademais de ter un servizo de atención presencial no organismo dependente da Deputación
– Gómez Besteiro presidiu o “1º Almorzo Tecnolóxico da Provincia” no que participaron 11 empresas de distintos sectores que melloraron a súa produtividade coa incorporación das novas tecnoloxías nos seus modelos de negocio
– O Presidente ofreceu ás empresas participantes asinar un convenio de colaboración coa Fundación TIC para a realización de vídeos promocionais dos seus negocios cun custe 0 para elas
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu este venres o “1º Almorzo Tecnolóxico da Provincia de Lugo” no que participaron 11 empresas luguesas de distintos sectores que incorporaron con éxito as novas tecnoloxías nos seus modelos de negocio. No encontro, que se enmarca dentro das actividades do Innova-TE, programa dotado con 9 millóns de euros e co-financiado nun 70% con fondos da Unión Europea e nun 30% polo INLUDES, e que garante a implantación da administración electrónica en 2011, Gómez Besteiro quixo facer partícipes do programa tecnolóxico ó empresariado da provincia. “Esta é a primeira vez que se reúne en Lugo ás empresas punteiras en innovación. Sodes o motor das novas tecnoloxías nesta provincia e o mellor que temos en innovación. Por iso, queremos facer de vós os noso aliados tecnolóxicos”.
Neste senso, o máximo mandatario provincial anunciou que, dentro das actividades do Innova-TE, en outubro entrará en funcionamento no INLUDES o primeiro Centro de Asesoramento Empresarial da provincia, “no que queremos que vós estedes presentes como exemplo para outras empresas”.
Trátase dunha iniciativa de apoio ós empresarios de Lugo e coa que o organismo provincial quere fomentar a creación de emprego, conseguir que as empresas sexan máis competitivas e impulsar iniciativas emprendedoras mediante o uso das novas tecnoloxías. A este respecto, lembrou que “nestes momentos somos a última provincia en acceso á banda longa da catro galegas; débeda que ten no seu haber a Xunta e que hoxe, unha vez máis, reclamamos que poña a contador a cero porque senón freará a velocidade do Innova-TE”.
Será unha plataforma única, na que se ofrecerá e se resolverán dúbidas sobre a administración electrónica a emprendedores, cidadáns ou mesmo traballadores. Aportará información sobre as subvencións existentes e sobre o proceso de contratación de obras ó que concurren as empresas, axudas para a reciclaxe tecnolóxica, etc.
O asesoramento será multicanal, é dicir, as consultas poderán facerse de forma presencial, vía telefónica ou por Internet. “En resumo, con este Centro cumprimos tres obxectivos: transformar a provincia nunha rexión aberta ó mundo, capaz de facer fronte á globalización dos mercados; impulsar a competitividade e mellorar a produtividade do tecido empresarial da provincia, incentivando a innovación e a calidade; e facer das TIC o eixo de actuación das empresas lucenses”.
O Centro estará aberto ó público de 8:00 a 15:00 horas e atenderá as consultas vía telefónica na mesma hora e de 16:00 a 19:00 horas. O teléfono de contacto: 982 812 455 e o enderezo electrónico: innovate-empresas@deputacionlugo.org.
Colaboración coa Fundación TIC
O Presidente da Deputación ofreceu ás empresas participantes asinar un convenio de colaboración coa Fundación TIC para a realización de vídeos promocionais dos seus negocios, xa que “quen está na rede existe e quen non non sae na foto”. Os documentos audiovisuais serán realizados polos profesionais e polos alumnos do organismo dependente da Deputación, e terán un custe 0 para as empresas.
A Deputación tamén instalará durante o San Froilán unha carpa do Innova-TE, un espazo lúdico-formativo mediante o cal os participantes sumerxeranse na administración electrónica e nas novas tecnoloxías a través de obradoiros, xogos, sorteos, agasallos, e mesmo simuladores de última xeración. Neste senso, Gómez Besteiro convidou ás empresas asistentes ó almorzo a que participen nesta iniciativa, “xa que sodes un exemplo a seguir de cómo a través dun negocio tradicional as novas tecnoloxías permiten que as empresas sexan máis competitivas”.
Empresas participantes no almorzo
No almorzo participaron empresas de distintos sectores que fixeron das novas tecnoloxías un elemento diferenciador e que foi a clave do seu éxito: Agrodynamics, empresa adicada ó desenvolvemento de software para o sector agrícola, concretamente para a xestión de semilleiros; ChampionChip, especializada en servizos deportivos para eventos populares ó aire libre como atletismo, triatlón ou natación, e que está a levar a cabo un sistema de conometraxe electrónico e unha plataforma de xestión on line; Porco Celta Fonsagrada; empresa adicada á cría, cebo e comercialización deste raza porcina, e que dispón dunha páxina web na que fomenta a venta directa dos produtos, sen pasar por intermediarios; Asín Informática, empresa destinada á formación TIC para empregados e desempregados, así como para sectores específicos; Ingapan, empresa punteira en España no sector das masas conxeladas e pasteleiría; Granxa Maruxa, empresa de referencia na provincia na elaboración de produtos ecolóxicos; Daveiga, destinada á produción de galletas mariñeiras. Dispón dunha páxina web con acceso privado á área de clientes onde estes poden realizar pedidos; Porto Celeiro, grupo pioneiro na aplicación de criterios empresariais á xestión dun porto pesqueiro; Rede Social Xurídica, plataforma especializada no sector legal na que profesionais e particulares se poñen en contacto para resolver dúbidas e establecer sinerxías comerciais a través da rede; Electrónica Suíza, empresa que centra a súa actividade na venda a través da Internet de material electrónico e de comunicación; e J.M. Rivas Academia, especializada en dar clases de apoio a todos os niveis educativos, na creación de páxinas web e no desenvolvemento de aula virtuais.




















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



