Nota de Prensa
O PLENO DE CERVO APROBA A INICIATIVA NACIONALISTA PARA AMPLIAR AS ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS DO CASTRO DA ATALAIA A TERREOS PÚBLICOS
A INICIATIVA TAMÉN BUSCA O ACORDO ENTRE A XUNTA E O PROMOTOR CON LICENZAS DE CONSTRUCIÓN PARA A RECUPERACIÓN PARA USO PÚBLICO DOS TERREOS XA ESCAVADOS
O PP REXEITOU OUTRA MOCIÓN QUE PRETENDÍA A CRIACIÓN DUNHA PRAZA DE ATS NO CENTRO DE SAÚDE DE SAN CIBRAO DE ACORDO CO PLAN MELLORA
Cervo, 1 de outubro de 2010. O BNG sacou adiante no pleno de onte a moción que instaba á Xunta de Galiza a negociar unha saída que permita o uso público de terreos privados do Castro da Atalaia nas que un promotor ten concedidas licenzas de construción. O acordo ademais solicita ao departamento de Costas a que financie en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio a intervención arqueolóxica en terreos de titularidade pública da Autoridade Portuaria Ferrol San Cibrao; en ambos casos a iniciativa deriva da importancia deste xacemento arqueolóxico xa constatado por informes elaborados e corroborados pola Dirección Xeral de Patrimonio. Os nacionalistas lamentaron a falta de apoio do PP para completar o servizo sanitario en San Cibrao coa creación dunha praza de PSX tal como estaba previsto no Plan Mellora e que o actual goberno galego se nega a executar.
A importancia de recuperar o Castro da Atalaia non so polo seu interese cultural senón tamén polo seu interese turístico e económico.
O BNG sacou adiante no pleno de onte unha iniciativa apoiada por informes da Dirección Xeral de Patrimonio que resolveu “conservar in situ” o xacemento e a “súa incompatibilidade coas licenzas de construción municipais aprobadas para a zona” ademais da recomendación de ampliar as escavacións a terreos de titularidade pública da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao”. Os nacionalistas solicitaban negociacións co promotor propietario destas licenzas que foi emendada polo PP co matiz de “proseguir coas negociacións”, algo que levou ao BNG a presentar no punto de preguntas unha “sobre o estado destas negociacións”. Ademais aprobouse na mesma iniciativa instar ao Departamento de Costas a financiar en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio actuacións de escavación e recuperación arqueolóxica nos referidos terreos públicos. Para o BNG, “que non eludiu criticar ao goberno municipal por non evitar a destrución parcial deste xacemento e outras medidas como o recurso contra o seu inventariado”, “a conservación e posta en valor do Castro da Atalaia debe formar parte do patrimonio cultural público non só polo seu interese histórico, senón tamén por consideralo un recurso turístico e por tanto económico moi importante para o concello de Cervo.”
Voto favorábel pero matizado en canto ao lugar de construción da residencia da terceira idade en San Cibrao.
O BNG votou a favor do gasto plurianual para financiamento da construción da residencia da terceira Idade pero matizou que “non son os terreos do campo de fútbol da Veiga o mellor lugar para a súa construción ao perder solo dotacional para usos deportivos cando o derrube do colexio Rivera Casa libera espazo suficiente para a súa construción nun lugar centrico que consolidaría maior actividade social e económica que beneficia ao sector comercial en San Cibrao, con espazo suficiente para unha praza pública e zonas de paseo e lecer para os maiores futuros usuarios deste servizo.”
Voto en contra do PP para a posta en marcha do Plan Mellora para incrementar o servizo sanitario primario.
O BNG criticou a parálise do goberno de Feijoo do Plan Mellora, acordado entre o anterior goberno galego, sociedades científicas, asociación profesionais e representantes sindicais do sector sanitario que permitiría unha mellora substancial na sanidade primaria, non só pola dotación de mais persoal, senón tamén pola calidade do servizo, no caso de Cervo de acordo con este plan, o centro sanitario de San Cibrao incrementaría unha praza de Persoal de Servizos Xerais. Para os nacionalistas a mellora do servizo na sanidade primaria e básico para desconxestionar o servizo especializado que ofrece o Hospital da Costa e permitiría de desenvolverse este plan a dotación de 24 prazas de persoal sanitario on conxunto dos centros de primaria da Mariña.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



