Nota de Prensa
A Deputación porá en marcha en novembro a Axencia Provincial da Enerxía
– Manuel Martínez fixo este anuncio durante a clausura do curso Técnico en sistemas de enerxías renovables que impulsou o organismo provincial
– Durante esta xornada, 15 persoas analizaron o amplo potencial de produción de enerxía que ten Lugo debido a súa riqueza natural
O Deputado de Infraestruturas, Manuel Martínez, clausurou este venres o curso Técnico en sistemas de enerxías renovables, unha xornada impulsada polo organismo provincial dentro da aposta pola economía verde para o desenvolvemento da provincia. Martínez subliñou que “hai tempo o futuro da provincia era a construción pero hoxe o noso futuro pasa polas enerxías renovables. Queremos fomentar o seu uso xa que isto conleva, sen dúbida, a mellora e a modernización do noso texido industrial, a creación de emprego, o coidado do noso contorno natural, así como o aforro de cartos grazas á disminución na dependencia enerxética externa. Con este curso damos un primeiro paso na procura dos nosos obxectivos que veremos culminados no mes de novembro coa posta en marcha da Axencia Provincial da Enerxía”.
No Centro da Deputación, profesionais da provincia colaborarán cos Concellos, entidades públicas e privadas, así como cos cidadáns en xeral, no uso eficiente e racional da enerxía contribuíndo, deste xeito, ó desenvolvemento sostible de Lugo, e a posta en marcha de políticas de aforro enerxético. Para elo, realizaránse estudos, auditorías, cursos formativos, ofrecerase asesoramento na xestión de axudas e subvencións, pecharanse convenios cos municipios para a instalación de sistemas de aproveitamento das enerxías alternativas, promoveranse visitas a plantas de biomasa e biocombustibles, ou realizaranse traballos de cultivos enerxéticos para a produción de biocombustibles na provincia, entre outras actividades.
Esta pioneira iniciativa engádese ó estudo sobre a biomasa en Lugo que, ó amparo de Lug02, -o programa medioambiental dotado de 5 millóns de euros, co-financiado nun 70% con fondos da Unión Europea e nun 30% polo organismo provincial-, realizou a Deputación desvelando o alto potencial de produción de enerxía en Lugo debido a súa riqueza natural; ou ó innovador sistema de xestión de residuos que se empregará no primeiro centro de recría público en España que está a impulsar a institución provincial nas instalacións da granxa Gayoso Castro, e que permitirá convertir en enerxía o 100% dos residuos que se produzan.
Un curso práctico
Manuel Martínez pechou unha xornada na que, durante máis de 4 meses, os seus 15 participantes recibiron clases teóricas e prácticas, -sumando un total de 450 horas-, sobre: a rendibilidade dun proxecto de investimento; radicación solar; enerxía eólica; solar pasiva e térmica; electrificación fotovoltaica; minicentrais; biomasa residual; formación para a igualdade; e prevención en riscos laborais.
Da mesma forma, os alumnos realizaron prácticas en distintas empresas relacionadas coas enerxías renovables, e visitaron algunhas delas exemplos de innovación en canto á súa produción. O Deputado salientou que “poñemos punto e a parte a unha xornada exemplo de que o medioambiente é a nosa oportunidade económica”.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



