Nota de Prensa
Basanta afirma que as contas de 2011 evidencian a falta de peso político do PP de Foz
A proposta de orzamentos de 2011 deixan a Foz
sen centro residencial, sen urxencias e sen ambulancia medicalizada
Foz, 25 de outubro de 2010.- O Bloque Nacionalista Galego valorou moi negativamente os Orzamentos da Xunta de Galiza, referidos ao Concello de Foz, que ven de presentar o Goberno Galego na medida en que non dan resposta aos problemas centrais do noso Concello e que baixo a escusa do recorte orzamentario provoca que os investimentos públicos pasen de longo polo noso Concello. Segundo informou Xan Carlos Basanta “é de lamentar que volvamos á vella cantinela do Partido Popular con Foz que consiste nunhas contas públicas nas que Foz non existe e que se converten nunha nova frustración para o Concello. É máis, estes Orzamentos evidencian que a dirección galega do PP enganou aos populares focegos, posto que os compromisos que estes fixeran públicos en semanas pasadas non aparecen por ningures. Ou o PP de Foz non se enteira, ou ao PP de Foz o enganan. En calquera dos casos, o que si que é evidente é a falta de peso político do PP de Foz na estructura do PP galego que ten a súa concreción nestas contas que son insultantes para todos os focegos pero primeiramente para os propios populares locais que puxeron a cara por estes Orzamentos e agora o Goberno galego non lles fai nin caso”.
Nin un só euro para a Residencia nin para a ambulancia medicalizada
No detalle os nacionalistas de Foz quixeron destacar que os orzamentos da Xunta non contemplan ningunha actuación en materia de servizos sociais, en materia sanitaria e tampouco en creación de emprego. A este respecto lembrou Basanta que “na proposta orzamentaria non se contempla ningún investimento que permita mellorar os servizos sanitarios no centro de Saúde de Foz na perspectiva de garantir as urxencias médicas as 24 horas, senón que se vai máis alá posto que con estes orzamentos a ambulancia medicalizada con base en Foz desaparece até o punto de que se non está suprimida xa é pola presión social que levou á Xunta a rectificar e prorrogar a última hora o contrato. A posición do PP local neste tema de submiso servidor dos intereses da Xunta simplemente verifica que o PP de hoxe é o PP de sempre, nada novo, os de sempre dirixindo por atrás é buscando unha cara diferente para que xogue o mesmo papel que xogaron no pasado outros portavoces de efémera lembranza.
O Bloque Nacionalista Galego non quere deixar de pasar por alto a ausencia de consignación orzamentaria para a construcción e posta en marcha no horizonte do 2013 do Centro de Día Residencial tal como no seu momento acordou por unanimidade a Corporación Focega. ”Agardamos que a unanimidade expresada pola Corporación e a boa disposición dos populares locais se vexa apoiada polos parlamentarios do PP no tramite de debate dos Orzamentos até o punto de que se garanta de que as obras se liciten e dean comezo no exercicio de 2011 como demandamos de xeito unánime os focegos” recalcou Basanta quen lembrou que “no Concello de Foz existen máis de 2.300 maiores de 65 anos e que a dotación dunha infraestructura desta natureza con 100 prazas para residentes e 50 de Centro de Día implicaría non só mellorar a calidade asistencial no noso Concello senón que significaría a creación de preto de 60 empregos directos. É aquí non nos vale a escusa de que non hai diñeiro porque hai uns poucos meses a Conselleira de Benestar e o Concello de Cervo asinaron un convenio para a construcción dun centro destas características a través do Plano Concertado por un monto de 1,1 millón de euros”.
Uns orzamentos que crearán máis paro no noso concello
Os nacionalistas consideran decepcionantes a ausencia de políticas destinadas a promoción económica e a creación de emprego. A propia Xunta recoñece na memoria dos Orzamentos que neste ano vanse destruír 27.000 empregos en Galiza con medidas como a reducción nun 43% dos fundos do IGAPE o que vai a dificultar a tesourería de moitos negocios locais, a reducción dun 67% das axudas ao comercio retallista ou a negativa da Dirección Xeral de Comercio de poñer en marcha máis centros comerciais abertos en Galiza o que pon freo a iniciativa da ACIA e dos comerciantes locais. ”Onde están as xestión do PP local?” preguntouse Basanta, quen tamén se interpelou polo feito de que haxa fondos para unha residencia para Cervo e que non existan para Foz .”Non será a diferencia de que o PP de Cervo conta e o de Foz non ou será que o PP local converteuse nunha sucursal de intereses que non teñen nada a ver cos deste Concello?”rematou o Portavoz Municipal do BNG.
O BNG presentará emendas para recoller as necesidades de Foz
O BNG vai a cumprir co seu deber político con Foz e presentará emendas a estes Orzamentos para que se manteña a ambulancia medicalizada, para que se constrúa a Residencia e o Centro de Día, para que se poña o servizo de urxencias médicas e para que se apoie ao comercio local. “Se finalmente estas emendas non se aproban, os responsables deste novo fraude todo o mundo saberá quen son” asegurou Basanta.


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



