Nota de Prensa
BURELA RENDE HOMENAXE ÁS CAMPIOAS GALEGAS
As xogadoras e o corpo técnico do Burela FSF Pescados Rubén foron recibidos no consistorio burelao esta tarde polo alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Deportes, Neves Cando, nunha homenaxe polo recente título de campións galegos acadado o pasado 12 de setembro en Celanova, na vixésima edición da Copa Galicia. O cadro laranxa acudiu ao acto acompañado do vicepresidente da entidade Manuel Blanco e do directivo Marcelino Luna.
Alfredo Llano agradeceu o esforzo e a decisión das deportistas burelás polo seu brillante logro na validación da Copa de Galicia por segundo ano consecutivo, un éxito que cualificou “como a mellor carta de presentación e un símbolo para o concello de Burela”. Pola súa banda, Neves Cando animou o conxunto laranxa a seguir recollendo recoñecementos para o fútbol sala burelao e galego. O alcalde e a concelleira incidiron no compromiso municipal por manter o apoio que se vén prestando ao club.
Tras o acto oficial, no que o Burela FSF recibiu diversos obsequios institucionais, xogadoras, corpo técnico, representantes do club e autoridades locais participaron nunha foto conmemorativa.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.