RAQUEL ARIAS AVANZA QUE A NOVA ESTACIÓN POTABILIZADORA QUE ABASTECERÁ A CERVO E BURELA ESTARÁ LISTA A FINAIS DE ANO
* A delegada territorial e o presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, visitaron hoxe as obras, nas que se investiron máis de 6 millóns de euros
Lugo, 5 de novembro de 2010.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, anunciou que as obras de abastecemento de auga potable aos concellos de Cervo e Burela estarán listas a finais de ano. Ao respecto, o presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, explicou que neste momento tan só resta realizar a conexión da acometida eléctrica.
Ambos responsables autonómicos realizaron hoxe unha visita ás obras, na que estiveron acompañados polos alcaldes de Cervo e Burela, Alfonso Villares e Alfredo Llano, respectivamente.
Raquel Arias destacou a importancia desta infraestrutura, “que incidirá directamente na mellora dun servizo básico, como é o abastecemento de auga, e evitará que se rexistren problemas de subministración en épocas de seca”.
Así mesmo, subliñou o importante esforzo económico realizado nesta actuación, que suma un investimento de 6.561.656 euros, dos cales a Xunta achega o 60%. O resto do orzamento será asumido polo Consorcio que formaron a Administración autonómica e os concellos de Cervo e Burela para a xestión do abastecemento.
A principal obra dentro do proxecto consistiu na construción dunha nova Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP) situada en Senra (Cervo), que contará con dúas posibilidades para a toma de auga: Dende o encoro do Río Covo e dende o encoro da Rúa. Este último será o que subministre a auga en condicións normais, polo que ademais procederase ao seu dragado para recuperar a súa capacidade orixinal. En épocas de maior escaseza, conducirase a auga ata a ETAP dende a nova captación construída no río Covo.
Os traballos supuxeron o establecemento dun sistema integral de abastecemento, que compartirán ambos concellos. Ademais das obras citadas, inclúen a construción dunha condución dende o encoro de Rúa ata a ETAP, e a condución da conexión da auga tratada na nova ETAP de Senra ata a ETAP de Burela e ata as redes de Cervo-Sargadelos e Lieiro-San Cibrao.
Así memo, realizáronse actuacións sobre as redes de abastecemento. Renovouse por completo a rede de distribución de San Cibrao, que dada a súa antigüidade sufría continuas perdas e roturas; igualmente, renovouse e ampliouse a condución que abastece a Gondrás e O Castelo.
Tamén se construíu unha pequena ETAP modular para o tratamento da auga que reciben os núcleos do interior do concello de Cervo na parroquia de Rúa e outras poboacións lindantes. Por último, habilitouse o abastecemento aos núcleos que están en cota máis elevada que a ETAP de Rúa, tales como Vieiro, Freijo, Murazos e Cal.
Nota de prensa 2/2O ALCALDE DE CERVO VALORA POSITIVAMENTE A INMINENTE POSTA EN FUNCIONAMENTO DA POTABILIZADORA DA SENRA
* O presidente de Augas de Galicia confirmou no día en Cervo que a rede de abastecemento conxunto podería entrar en funcionamento nas vindeiras semanas
* A nova estación de tratamento de auga potable permitirá eliminar os puntos de bombeo que actualmente existen no municipio de Cervo
Cervo, 5 de novembro de 2010.- O presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, visitou na tarde de hoxe as instalacións da nova estación de tratamento de auga potable da Senra que abastecerá de auga potable proximamente aos concellos de Cervo e Burela. Na súa visita, o responsable do organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e polos alcaldes de Cervo e Burela, Alfonso Villares e Alfredo Llano respectivamente.
Os representantes públicos foron informados polo director técnico da obra e polos responsables da empresa Espina y Obras Hidráulicas -encargada dos traballos desta infraestrutura- das características desta instalación e do sistema de potabilización ao que se someterá a auga que despois se distribuirá ás respectivas redes da traída municipal de Cervo e Burela.
Unha vez rematada a visita -e antes de iniciar a reunión do Consorcio que rexerá estas instalacións- o alcalde cervense salientou a importancia da inminente posta en servizo desta infraestrutura para os dous concellos. “Estamos dando os últimos pasos para conseguir materializar esta obra tan demandada non só por Burela, se non tamén polos veciños do nosos termino municipal” sinalou Villares. Neste senso lembrou que máis do 95% desta obra de enxeñería hidráulica transcorre por territorio cervense e que os embalses que abastecerán a ámbolos dous concellos están situado neste municipio. “Por iso, para Cervo sempre foi importante esta obra e así o defendemos en todo momento diante de Augas de Galicia co obxectivo de conseguir darlle un trato preferencial ás zonas rurais do noso municipio por onde ían a pasar as novas canalizacións” lembrou o rexedor.
Auga por gravidade
O alcalde salientou tamén que esta nova rede de abastecemento traerá consigo a eliminación dos dous puntos de captación de auga mediante bombeo que actualmente existen no termo municipal. “Nos vindeiros días, cando esta nova rede de auga entre en funcionamento, todos os veciños do noso concello recibirán auga por gravidade nos seus fogares, co conseguinte aforro enerxético que isto supón. Poderemos, pois, prescindir dos bombeos do río Rato e do río Cobo, e só se utilizaría o bombeo entre o embalse de Río Cobo e A Senra en casos de extrema urxencia e necesidade” recalcou Villares.
Unha vez estean formalmente entregadas as obras do abastecemento conxunto a ámbolos dous concellos a xestión da rede de subministro e da ETAP da Senra pasará ser responsabilidade do consorcio no que están representados o organismo público Augas de Galicia e os Concellos de Cervo e de Burela.
30 quilómetros de tubaxes
Os traballos da nova rede de subministro de auga para Cervo e Burela comezaron en setembro de 2007 e o seu investimento global superou lixeiramente os 5,4 millóns de euros. As obras centráronse na construción dunha nova estación de tratamento de auga potable (ETAP) na Senra, que recibirá a auga dende o embalse de Rúa e dende o encoro do río Cobo, aínda que esta última captación só se utilizará en casos puntuais e de emerxencia para garantir o subministro aos dous municipios.
Para isto construíuse unha condución de máis de 8,5 quilómetros dende o encoro de Rúa ata a nova ETAP e se acometeu unha nova captación de 4,5 quilómetros de lonxitude dende o encoro de Río Cobo á ETAP da Senra. Paralelamente a isto se construíu unha rede de condución da auga tratada para levar a auga potable a tódolos puntos dos dous municipios e a cal ronda os 30 quilómetros de lonxitude.
A ETAP da Senra posúe uns depósitos de 2.500 metros cúbicos e poderá potabilizar 120 litros de auga por segundo. Segundo os estudos técnicos, a capacidade de tratamento da estación da Senra poderá cubrir as necesidades de ámbolos dous municipios nos vindeiros 25 anos e ten ademais a posibilidade de aumentar nun 50% a súa capacidade de tratamento inicialmente previsto.
As previsións dos técnicos cuantifican en 3.886.812 metros cúbicos os que poderán ser tratados




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



