Nota de Prensa
No día contra a VIOLENCIA DE XENERO (25 de novembro) desde a Secretaria da Muller da CIG, reiteramos o noso compromiso na loita contra a violencia de xénero, e facémolo a través da formulación dunha denuncia pública das distintas formas de violencia que seguimos a sufrir as mulleres en todos os ámbitos, visibilizando a achega invisibel do traballo reprodutivo das mulleres, sustento en gran medida do sistema de benestar, que periga por mor dos recortes orzamentarios derivados das medidas neoliberais levadas a cabo polo sistema capitalista.
Por iso desde a CIG presentamos a campaña
“DEZ PASOS PARA FACERMOS FRONTE Á VIOLENCIA SEXISTA”
1. DENUNCIAR TODO TIPO DE DISCRIMINACIÓN CONTRA AS MULLERES.
2. DAR A COÑECER OS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS DAS VITIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA.
3. GARANTIR A APLICACIÓN DE PLANS DE IGUALDADE E PROTOCOLOS DE ACOSO EFECTIVOS NOS LUGARES DE TRABALLO.
4. GARANTIR UNHA REDE PUBLICA DE SERVIZOS SOCIAIS INTEGRAIS.
5. IMPLANTACIÓN DUN MODELO COEDUCATIVO EN TODAS AS ETAPAS.
6. GARANTIR O DEREITO Á SEXUALIDADE E A INTERROMPER O EMBARAZO NA REDE PUBLICA DE SAUDE.
7. IMPULSO DA CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFAS DO COIDADO E NO FOGAR E GARANTIR A CONCILIACIÓN.
8. RECOÑECER E GARANTIR OS DEREITOS DAS MULLERES INMIGRANTES.
9. VISUALIZACIÓN DA PROBLEMÁTICA ESPECIFICA EN MATERIA DE SAÚDE LABORAL DAS MULLERES.
10. INTEGRAR A EXIXENCIA DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA.
Por todos estes motivos ímonos concentrar o este xoves dia 25 de novembro en todas as comarcas do país.
Aquí na Mariña estaremos presentes no acto que se celebrará en Ribadeo a partires das 19:30 da tarde e que organiza a Asociación Observatorio da Mariña pola Igualdade.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



