NOTA DE PRENSA
O presidente da Deputación provincial emprega a súa posición institucional non para gobernar a prol da nosa provincia senón como atalaia para propiciar enfrontamentos coa Xunta de Galicia
BALSEIRO ACUSA A BESTEIRO DE DESCOÑECER A SITUACIÓN REAL DA MARIÑA E OS PRINCIPAIS PROXECTOS QUE O GOBERNO GALEGO EXECUTA NA COMARCA
* Durante os catro anos nos que coincidiron os gobernos bipartitos na Xunta e Deputación, os socialistas foron incapaces de abrir os parques de bombeiros, tivo chegar o PP ao Executivo autonómico para desbloquear a situación e adxudicar o parque de Viveiro, actuación tantas veces prometida polo bipartito.
* Besteiro critica que a Xunta estableza un prazo de finalización -2017- para o treito autonómico do corredor, que hoxe xa está en execución, mentres que garda silencio sobre o treito de competencia estatal, que nin ten data de finalización nin aínda, o que é máis grave, de comezo.
A Mariña lucense, 22 de novembro de 2010.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, acusou ao presidente da Deputación provincial, Jose Ramón Gómez Besteiro, de aproveitar a súa posición institucional non para gobernar a prol da provincia senón para propiciar enfrontamentos coa Xunta de Galicia. Balseiro cre que as palabras de Besteiro valorando criticamente diversos proxectos que a día de hoxe executa o Goberno galego na Mariña lucense demostran que descoñece a situación real desta comarca e que fala sen ningún tipo de fundamento e sen a mínima autocrítica que esperaríamos tendo en conta os incumprimentos que o partido ao que pertence, o PSOE, protagoniza nesta comarca.
Balseiro referiuse aos parques de bombeiros para lembrarlle que durante aos anos nos que coincidiron os gobernos bipartitos na Xunta e na Deputación, os socialistas foron incapaces de poñelos en marcha. O secretario xeral dos populares lucenses sinala que tivo que chegar o PP á responsabilidade de goberno no Executivo autonómico para desbloquear a situación, impulsar o consorcio e axilizar os trámites necesarios para a futura apertura destas instalacións de emerxencias. Na Mariña máis en concreto, foi o Goberno de Galicia baixo a presidencia de Alberto Núñez Feijoo o que licitou e adxudicou o parque de bombeiros de Viviero, algo que prometeron reiteradamente durante a pasada lexislatura distintos responsables do PSOE, pero que ata que chegou o PP non se veu reflectido no Diario Oficial de Galicia –que é onde vale- e en obras e actuacións concretas que están hoxe en execución.
CORREDOR
O número dous dos populares lucenses tamén falou do corredor da Costa, para considerar incomprensible que Besteiro critique que a Xunta teña establecido un prazo de finalización para os treitos da súa competencia –o 2017- Balseiro lembra que gústelle máis ou menos ao Sr. Besteiro, o certo é que o Goberno de Galicia hoxe está a cumprir o comprometido, executando por primeira vez en todos estes anos obras nun treito da provincia de Lugo, obras no tramo que une as localidades de Celeiro (Viveiro) e San Ciprián (Cervo). O secretario xeral popular sinala que, pola contra, o treito de titularidade estatal (San Ciprián-Barreiros) non é que non dispoña de prazo de finalización é que aínda nin tan sequera ten prazo de inicio, porque ás paupérrimas consignacións orzamentarias nas contas estatais -que nunca executan- hai que engadir a falta de vontade do Executivo socialista central para acelerar esta importantísima vía de comunicación. Esta falta de compromiso coa Mariña que protagonizan os socialistas tamén ten o seu reflexo no bloqueo da autovía do Cantábrico, paralizada en moitos dos treitos ao seu paso por esta comarca. Ante esta situación de claro desequilibro entre o treito autonómico do Corredor que está en execución, e o treito estatal, que nin tan sequera ten definido o seu percorrido –seguen pendentes a resolución das alegacións dos concellos- o que esperábamos escoitar de Besteiro é unha maior autocrítica pois o PSOE non está a dar a talla na Mariña.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



