NOTA DE PRENSA
O GPPP asegura que Gómez Besteiro adicou en tres anos máis de nove millóns de euros a gastos diversos
* Os populares consideran que Besteiro aplica en Lugo o modelo de Zapatero, caracterizado por incrementar desmesuradamente a débeda e derrochar os cartos de todos en beneficio propio
Lugo, a 22 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que José Ramón Gómez Besteiro leva disposto en gasto diversos nestes tres últimos anos 9.133.827,42 euros, que non se teñen sometido a ningún tipo de control político e que básicamente adicáronse a cubrir o custo da campaña de autopropaganda e autobombo do propio presidente da Deputación.
Os populares indican que este gasto desmesurado constata, unha vez máis, que Besteiro segue ó pe da letra o modelo Zapatero, que se caracteriza polo derroche e polo incremento, igualmente desmedido, da débeda. Unha débeda que, segundo lembran, ascende xa a 73 millóns de euros, polo que a Deputación atópase ó borde da súa capacidade máxima de endebedamento.
Salientan, ademais, que o abuso e o mal uso do crédito non serviu para xerar riqueza, nin para vertebrar a provincia, e menos aínda para poñer as bases que permitan a Lugo sair da crise, aínda que sexa cunhas garantías mínimas, posto que eses fondos non se adicaron a poñer en marcha novos parques empresariais, nin se apostou nin respaldou ós sectores productivos básicos. Como mostra, dende o GPPP fan referencia a que o respaldo económico ó sector pesqueiro por parte da Deputación queda reducido a pouco máis de 30.000 euros anuais. ao seu paso por esta comarca. Ante esta situación de claro desequilibro entre o treito autonómico do Corredor que está en execución, e o treito estatal, que nin tan sequera ten definido o seu percorrido –seguen pendentes a resolución das alegacións dos concellos- o que esperábamos escoitar de Besteiro é unha maior autocrítica pois o PSOE non está a dar a talla na Mariña.

















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



