Nota de prensa
Estúa afirma que a política da Xunta de desmantelamento dos servizos públicos perpetua os roles sexistas
BNG e Observatorio denuncian que na Mariña a destrucción de emprego feminino duplica case ao masculino.
A Mariña, 19 de novembro de 2010. Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego e do Observatorio da Mariña pola Igualdade mantiveron na xornada de onte unha xuntanza no local dos nacionalistas en Foz , onde puxeron en común os proxectos que os dous colectivos están a desenvolver e analizaron como as políticas que están a aplicar diante da crise as diferentes administracións están a acentuar por unha banda a feminización da pobreza e tamén como estas significan unha volta atrás na perpetuación dos roles sexistas.
Segundo manifestou o Portavoz nacionalista Xoán Estúa “os dados de desemprego que se están a dar na Mariña son ben clarificadores de como a crise está a afectar de xeito máis agudo as mulleres ate o punto de que a destrucción de emprego en función do xénero leva a que o feminino duplique case o masculino. Mesmamente esta tendencia acentuase na medida que a diminución do consumo interno provocado polas políticas de austeridade afecta de xeito máis forte ao sector servizos onde a maioría dos ocupados son mulleres”. Estúa lembrou que o BNG está a insistir na necesidade dun Plano de Emprego para mulleres e para a mocidade e criticou a negativa do Partido Popular en poñer medidas en marcha nesa dirección.
Na mesma liña os nacionalistas denunciaron a política de recortes sociais posto “que a incidencia destas nas mulleres é moito maior. O desmantelamento dos servicios sociais e da rede asistencial pública está a provocar que as mulleres teñan que volver ao fogar para ocuparse do coidado das persoas maiores e dos/as nenos/as..É fundamental que o Goberno Galego cumpra cos seus compromisos en materia de escolas infantís e de centros para a Terceira Idade se de verdade queremos que a muller se poida incorporar en igualdade de condicións ao mercado de traballo”. Os representantes do BNG e do Observatorio criticaron que a Xunta de Galiza manteña a Residencia de Viveiro fechada polo impacto que iso está a ter tanto na creación de emprego como na función asistencial. “Outro tanto acontece coas listas de espera existentes nas escolas infantís, colapsadas até o punto de que localidades que recentemente se dotaron de novos centros ou ampliaron os xa existentes acumulan listas de espera que só nos casos de Viveiro, Foz,Burela e Ribadeo se achegan a preto das 200 persoas”, afirmou Estua quen advertiu que “a Xunta de Galiza non só paralizou a construcción de novos centros para a escolarización de menores entre 0 e 3 anos senón que está a estudiar o feche de algúns como recentecemente denunciou o Alcalde de Ribadeo”.
Noutra orde de cousas os nacionalistas felicitaron ao Observatorio pola intensa actividade que están a desenvolver na Comarca e expresaron o seu apoio aos actos que este colectivo vai celebrar no horizonte do 25 de Novembro para denunciar a violencia de xénero.”É un motivo de orgullo para A Mariña contar cun colectivo da actividade e vitalidade do Observatorio, posto que acredita que nesta comarca contamos cunhas mulleres que queren ser protagonistas do seu futuro e non se resignan en loitar por unha sociedade onde a igualdade de xénero sexa real” afirmou Estúa quen indicou “ que nesta loita o Observatorio e o BNG seguiran a atoparse”.
Desde o Observatorio valorouse positivamente este encontro co Bloque Nacionalista Galego e polo tanto o seu interese por coñecer as demandas e preocupacións do feminismo marinán. Neste sentido, fixeron un chamamento para que a clase política tome en consideración a discriminación existente cara ás mulleres e a instauración de medidas reais para combatila. Como sinalou a directiva da entidade Loli Docobo que ”é necesario que os partidos políticos non utilizen as políticas de igualdade como un lavado de imaxe cara a galeria, e logo a hora da verdade, na práctica se establezan medidas contrarias ” Por outra banda, as membras da asociación feminista afirmaban que a violencia de xénero só pode atallarse con igualdade, é o seu mellor antídoto, e as 70 mulleres mortas no Estado non representan cuestión menores, xa que estase a falar de vidas humáns, do dereito a vida das persoas.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



