Nota de prensa
O BNG INFORMOU EN SAN CIBRAO SOBRE A SITUACIÓN DA SANIDADE PUBLICA E CHAMOU A MANIFESTARSE O DOMINGO EN COMPOSTELA
Moitos veciños e veciñas de Cervo sofren as consecuencias da política sanitaria do PP: mais listas de espera, privatizacións e peor servizo
Estúa denuncia o caso dun veciño que tivo que desprazarse a Coruña para unha simple operación de fimoses
Cervo, 18 de novembro de 2010. O BNG cervense informou hoxe no mercado de San Cibrao sobre a situación da sanidade pública e fixo un chamamento á participación na manifestación que a Plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA da que forma parte o BNG entre outros moitos colectivos sociais que sairá ás 12 da mañá da Alameda Compostelán o próximo domingo 21 de novembro. Os nacionalistas denunciaron o deterioro intencionado do servizo sanitario público a favor da sanidade privada dentro dun modelo que o PP está a executar que xa está a ter graves consecuencias entre os cidadáns e cidadás de Cervo.
Os centros de saúde acusan a falta de persoal e o Hospital da Costa á cabeza do país nas listas de espera e nos recortes orzamentarios no ano 2011.
Os nacionalistas denunciaron que no Centro de Saúde de San Cibrao segue sen cubrirse unha praza de persoal de Servizos Xerais ao paralizar o goberno do PP o Plan Mellora que levaría a cubrir 24 prazas pendentes na área Sanitaria da Mariña. Na mesma liña de recorte de investimentos en sanidade pública, 183 millóns menos en relación ao orzamento de 2010, advertiron que cun Hospital da Costa que está á cabeza do país nos recortes de investimento en relación a 2010, e normal que a cidadanía se alarme cando ademais ve como para simples probas ou operacións de escasa entidade deben facer desprazamentos de mais de 300 quilómetros. O Portavoz municipal nacionalista Xoás Estúa puxo o exemplo dun veciño “que tivo que desprazarse á Coruña para facer unha simple operación de fimosis” , “para Estúa coa xestión que o PP está a facer da sanidade pública imos camiño de volver 30 anos atrás mentres algúns sacan boa tallada do negocio sanitario”
Chamamento a unha mobilización necesaria e plenamente xustificada
Os nacionalistas cervenses fixeron un chamamento a participar da manifestación que a plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA ten convocada o próximo domingo en Compostela e convidaron a reservar prazas nos autobuses que partirán da comarca nos teléfonos 982581861, 982129261 e 982561001. Os mariñaos e mariñás teñen sobradas razóns para participar xa que nesta mobilización estámonos xogando que o Hospital da Costa siga a ser un centro hospitalario de referencia que manteña os servizos sanitarios ou que pase a ser un ambulatorio grande tal como ten deseñado a Xunta de Galiza”. “É o momento de obrigar ao PP a rectificar a súa política sanitaria”recalcou Estua que indicou que “con ver o Decreto de Reorganización dos Servizos periféricos do SERGAS ou o diñeiro que nas contas públicas para 2011 destina a Xunta ao Hospital da Costa”.
Por último, para o BNG de Cervo “as políticas do Partido Popular en materia de sanidade levan á privatización, ao estrago de recursos públicos e, á larga, a un peor servizo sanitario para todos e todas”. As consecuencias do drástico recorte do Goberno de Feijóo en gasto social están á vista de todos e todas: máis listas de espera, privatizacións e empeoramento do servizo con consecuencias que os veciños e veciñas de Cervo xa están sufrindo.



















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



