Hai trinta anos, o 23-11-80, eran soterrados no cemiterio de Valadouro os restos mortais de don Ramón Fernández Mato. Temos contado como Mato, intelectual e político arousán que na República desempeñara importantes cargos políticos, e que en Ferreira casara coa fermosa e rica Pepita López, ó estalar a guerra civil fuxíu a bordo dun barco italiano que do porto de Alicante o levaría a Cuba onde desenvolveo un brillante labor xornalístico e literario. Ó tocar terra foi á súa búsqueda o director da revista Cultura Gallega que o presenta así ós seus lectores: “Es el señor Fernández Mato un perfecto hombre de mundo, de rica y jugosa facilidad de expresión, alto y fornido, pleno de salud; de maneras y gestos sencillos, pero firmes. Es un fuerte valor moral; pues, contando con una valiosa producción literaria, en los campos periodísticos y teatrales, ocupando importantes cargos públicos, y mereciendo gran numero de distinciones honoríficas nacionales y extranjeras, a nada de eso da importancia…”. Un dos primeiros artigos naquela revista foi “El Valle de Oro, solar de hidalguía” que comezaba así: ” El Valle de Oro forma parte del alma ya, es como una prolongación de mi espíritu. Está en ese mapa recóndito que hay trazado en los corazones para fijar la geografía sentimental de cada hombre, de cada vida…”. Na Perla das Antillas colabora nos xornais Diario de la Marina, Carteles, Prensa Libre, Vida Gallega. Na Habana publica “España, con los ojos del recuerdo” . Alí mantivo moi boas relacións coa Sociedade Hijos del Valle de Oro que o nomearon Socio de Honor En Venezuela, asesor de “La Nación” e en Santo Domingo dirixe”La Opinión”. Na península, Mato xa tiña publicado “El atrio profanado”, “Galleguita” “La retirada”, “El altar”, “Yo quiero ser monja” (teatro), “Muros de Oro” etc. e dirixira o xornal “El Pueblo Gallego” Dona Pepita e don Ramón descansan en fermoso panteón que deixaran construído e que permañece en lamentable abandono: nen sequera un modesto letreiriño lembra os nomes dos seus ocupantes. Cousas da vida, que diría o seu amigo Castelao; nós decimos, cousas da morte.
Suso Fernández



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



