Escoitamos ata a saciedade que a xeración entre 25 e 45 anos é a mellor preparada da historia. E seguramente sexa así: nunca antes tanta xente estudara tanto, e con tan bos medios.
Europa debe camiñar cara o traballo cualificado: suponse que só así poderemos ser punteiros en innovación e competir con China, Brasil ou Corea.
Pero, que é a cualificación? A cualificación, en teoría, consiste nunha clase de estudos que te preparan ” cualifican ” para realizar un traballo e un papel chamado tamén un título que o demostra. Isto é, cualificar consiste en aprender un oficio; pero non do modo que se fixo sempre.
Antigamente, os traballadores deste país eran algo. En que traballa o teu pai? O meu pai é albanel, o meu fontaneiro, o meu electricista. E se o teu pai era panadeiro, era panadeiro. Sempre: era o seu oficio.
Naquela época non había “cualificación”. Ninguén estudara nada ou case nada, ler, escribir, as catro regas e pouco mais; a xente que tiña un oficio tíñao porque o aprendeu traballando. Se eras fotógrafo, por exemplo, era logo de ser aprendiz do fotógrafo do teu pobo ou o teu barrio. Con todo, a xente era algo.
Agora, en cambio, a poboación está máis formada que nunca. Todo o mundo ten un título ou varios que o capacitan e especialízano nunha profesión. Pero ninguén é nada.
Renata, por exemplo, estudou nunha Escola de Belas Artes. A maioría dos seus profesores fixeron Belas Artes, cada un coa súa especialización. Pero, cal é o seu traballo? O de profesor; é dicir, non traballan naquilo para o que estudaron. Uns son pintores, outros escultores, fotógrafos, calcógrafos. Pero todos traballan no mesmo: o ensino, así, ao aluvión.
Sería distinto se cada cal se adscribíse á materia que lle corresponde. Que o campo da Tipografía o ensinase un tipógrafo, o da Informática un informático e o dos Fundamentos do Deseño un deseñador gráfico. Pero á hora da verdade, a clase impártea simplemente un profesor, alguén que aprobe o CAP, sen máis especificacións.
Fóra do sector surrealista da docencia, as cousas son aínda peores. A xente estuda o que sexa e isto ao final non significa absolutamente nada. Hai centos de Técnicos en Comercio e Mercadotecnia traballando de deseñadores gráficos. Deseñadores gráficos facendo de comerciais. Técnicos en Administración e Xestión de Empresas que se dedican á contabilidade. Fotógrafos que fan deseño web. Administradores de Sistemas Informáticos desempeñando funcións de Relacións Públicas.
No campo dos estudos universitarios a cousa dispárase. Incontables filólogos traballando en turismo, historiadores como xornalistas, xornalistas facendo de publicistas, comunicadores audiovisuais como informáticos, enxeñeiros de camiños como aparelladores.
En definitiva, ti estudas algo, pero isto é simbólico, porque non ten nada que ver co que logo vas ser. O empresario contrátate e métete no posto que ten e entras nese circuíto, aprendes a facer ese oficio e cando te despiden irás dar a outra empresa que necesite outra cousa. E ti tanto valerás para un roto como para un descosido.
Antigamente, sen tanto Ciclo, Grao, Posgrao, Máster, Simposio, Seminario ou Doutoramento a xente entraba nun taller do que fose como aprendiz e facía un oficio. E nese oficio mantíñase ata a vellez e logo xubilábase. Se se xubilaba un panadeiro, pasaba a ser “panadeiro xubilado”.
No futuro, en cambio, será moi distinto. Cando te xubiles, serás un “o-que-sexa xubilado” porque nunca terías un oficio. Aínda que se supón que un papeliño demostra que estás máis capacitado que o teu pai para unha determinada profesión, na que seguramente non traballarías nin un día en toda a túa vida.
Otero Regal























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



