Nota de prensa
Estua denuncia que o PP pretende que volvamos 30 anos atráscando os mariñaos naciamos na Xesta
O BNG chama a mobilizarse o 21 en Compostela en defensa do Hospital da Costa
O Bloque Nacionalista Galego repartiu na xornada de hoxe propaganda no Mercado de Foz da mobilización que se vai celebrar o domingo 21 de Outubro en Compostela en defensa da sanidade pública e do mantemento dos servizos sanitarios na Comarca da Mariña. Os nacionalistas aproveitaron este reparto de propaganda para animar a poboación da comarca a participar desta mobilización e lembraron que desde o conxunto dos concellos da Mariña sairán autobuses con destino a Compostela o propio Domingo 21. Segundo indicou Xoan Estua “nesta mobilización estámonos xogando que o Hospital da Costa siga a ser un centro hospitalario de referencia que manteña os servizos sanitarios ou que pase a ser un ambulatorio grande tal como ten deseñado a Xunta de Galiza”. “É o momento de obrigar a Xunta de Galiza a rectificar a súa política sanitaria”recalcou Estua que indicou que “en materia sanitaria o PP non ten ningún tipo de axenda secreta abonda con ver o Decreto de Reorganización dos Servizos periféricos do SERGAS ou o diñeiro que nas contas públicas para 2011 destina a Xunta ao Hospital da Costa”.
Os nacionalistas lembraron que o Hospital da Costa se coloca á cabeza das listas de espera tanto en consultas como en cirurxía do sistema sanitario público galego a pesar de que nunca tanto como agora se están a desviar doentes a centros privados. O portavoz nacionalista lembrou que “no Hospital de Burela os veciños da Mariña teñan que agardar segundo afirma Sanidade 106 días de media para facer unha consulta e 122 días para someterse a unha operación, cando sabemos que estamos diante de cifras maquilladas en beneficio da administración , o que está claro é que algo non funciona neste centro. É precisamente esta situación de partida, isto é que está nunha situación peor que noutros centros da rede pública, o que debería obrigar a Xunta de Galiza a investir e apostar de máis por este centro, agás que as intencións do Goberno Galego sexa desmantelalo progresivamente”.
Asemade desde o BNG mostráronse convencidos de que no Hospital da Costa como no resto do sistema sanitario galego as listas están sometidas a maquillaxe polo que os tempos de agarda, como ben saben os veciños da Mariña, son superiores aos que recoñece o SERGAS, esixiron dos responsábeis do Centro Hospitalario de Burela e do SERGAS que se amplíe a dotación da plantilla e que se cubran especialidades que non están atendidas por falta de facultativos.” Non se trata de enumerar aquí casos que todos coñecemos, nin do que acontece con uroloxía, nin de esperas de máis de dous anos para persoas con patoloxías de grande risco, pero o que tampouco vale é a solución que nos propoñen de encomendarnos a un santo ou de pasar chequeira pola privada” afirmou Estúa. Na mesma liña criticou que “os mariñaos seguimos agardando a que se restableza o servizo de autopsias na Comarca porque a forza de repetir a mentira de que xa se presta, tal como puidemos observar recentemente cun suceso tráxico que se viviu na Comarca houbo que agardar dúas horas co cadaver xa rescatado do mar a que chegaran de Lugo para facerlle a autopsia. Xa sabemos o que vale a palabra de Balseiro”.
Neste sentido o BNG fixo referencia ao Decreto 168/2010 do 7 de Outubro polo que se procedía a regular as estructuras de xestión integrada que non fai outra cousas que certificar os argumentos que viñemos utilizando desde o BNG e tamén desde a Plataforma , no sentido de que a folla de rota da Consellaría é converter a Area Sanitaria da Costa nunha mera sucursal da Área de Xestión Integrada de Lugo. Tanto é así que Estúa mostrouse convencido de que o futuro do Hospital da Costa se atopa as portas da súa batalla decisiva, “porque ou mudamos o modelo organizativo definido neste Decreto ou pouco ficará en dous anos do Hospital, con todo o que significa de calidade asistencial pero tamén de motor económico da Mariña. Non nos estraña mesmamente que o propio SERGAS e a actual equipa directiva do Hospital estean a día de hoxe de xeito deliberado a deteriorar a calidade asistencial e tampouco é casual que de xeito reiterado a Xunta de Galiza se negue a investir no Hospital da Costa, mesmo en cuestións que son indispensábeis. Todo indica que o PP e o Goberno Galego o dá por amortizado, si a presión da sociedade da Mariña non os para. Quérenos facer volver 30 anos atrás cando os mariñaos naciamos na Xesta”.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



