Nota de prensa
PARA O BNG E UNHA BOA NOTICIA QUE SE AVANCE NA REDACCION DO PXOM AÍNDA QUE RESPONSABILIZA AO GOBERNO LOCAL DOS ATRASOS SÚA TRAMITACIÓN
Modificacións na lexislación marco e prórrogas intencionadas do goberno local na súa redacción devolven a tramitación administrativa ao ano 2004
Dende o ano 2002 no que se iniciaron os traballos o goberno municipal modificou ate en tres ocasións os prazos para a súa redacción
Cervo, 12 de novembro de 2010. Dende maio de 2004 onde o pleno da corporación aprobou a exposición pública do avance do PXOM de Cervo non se producía ningún acto administrativo nin tampouco se daba á oposición información algunha sobre a redacción deste documento. Os nacionalistas responsabilizan ao goberno local de ter paralizado intencionadamente a súa redacción dende o ano 2004 e aclaran que a reunión da Comisión de Seguimento non por iniciativa do goberno local senón forzada polo Valedor do Pobo ao negarse a alcaldía a ofrecer ningunha información sobre a tramitación do documento.
Parálise intencionada e negativa do goberno local a ofrecer información
A redacción do PXOM de Cervo iniciouse no ano 2002 e en maio de 2004 acordouse a toma en consideración do documento de avance e a súa exposición pública durante o prazo dun mes. Dende ese momento o goberno local solicitou ate tres prórrogas na redacción do documento, tendo que renunciar nunha ocasión as axudas da Xunta de Galiza por non poder xustificala ao non ter realizado os traballos. “O BNG denuncia que dende maio de 2004 ate o día de onte o goberno local negouse a ofrecer ningunha información sobre a tramitación do PXOM, non quixo convocar ningunha reunión informativa e só sabiamos dalgún movemento pola consulta dos rexistros de entrada e saída do concello”, aclarou o portavoz municipal Xoán Estúa quen ademais “denunciou que a reunión da Comisión de seguimento reunida onte, non se fixo por iniciativa do goberno local, senón que foi forzada polo Valedor do Pobo, polas queixas recibidas.” Estúa lembrou que entre o ano 2004 e o 2007 o “boom da construción permitiu as maiores aberracións urbanísticas producidas nunca especialmente en San Cibrao, cunha normativa urbanistica caduca e desfasada e cun goberno local que lonxe de racionalizar actuou como panca impulsora dun modelo económico do que hoxe estamos pagando as consecuencias”
Os cidadáns terán un mes para presentar suxerencias ao documento que estará colgado na páxina web da Consellaría de Medio Ambiente.
O concello debe remitir agora o documento á Consellaría de Medio Ambiente que o deberá expoñer publicamente durante o prazo dun mes no que os cidadáns poderán consultalo e presentar suxerencias. Aínda que moito do traballo realizado no pasado pode ser aproveitado co cal “agardamos axilidade na redacción posterior”, todo o documento debeu ser adaptado aos cambios da normativa marco para aplicar os cambios introducidos por directrices medio ambientais promovidas pola Unión Europea, así como a modificación da LOUGA; posteriormente deberá adaptarse as Directrices de Ordenación do Territorio e ao Plan de Ordenación do Litoral.
Aínda que sempre e unha boa nova que haxa avances na redacción dun documento tan importante para Cervo como o PXOM, non deixa de ser curioso que este sufrira unha parálise xustamente nos anos onde mais orde se debería ter posto no crecemento urbanístico que rematou sendo caótico e desordenado, os nacionalistas quéixanse das consecuencias que deixou aquel caos, entre outras que o concello segue sen cobrar 1,2 millóns de euros da inmobiliaria Pasillo Verde e moitas das obras iniciadas naquel momento son agora pasto das silvas.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



