Nota de prensa
O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL DIRIXIDO A MULLERES QUE DARÁ COMEZO O VINDEIRO 19 DE NOVEMBRO.
Ribadeo, 13 de novembro de 2010. O Concello organiza un curso de alfabetización dixital dirixido a mulleres que dará comezo o vindeiro 19 de novembro. Terá 35 horas de duración e as prazas son limitadas.
Segundo explican desde a Concellaría da Muller, “o obxetivo deste curso é capacitar ás alumnas no manexo do ordenador e as súas ferramentas, así como na rede de internet facilitando a comprensión do seu funcionamento e estructura. Trátase tamén de promover a utlización das novas tecnoloxias da comuniación de cara a facilitar a súa inserción e profesionalización no mercado laboral”.
As prazas para participar serán 15. As mulleres que se poderán beneficiar deberán de estar desempregadas o 80%, permitindóse que o 20% restante se atope nunha situación laboral activa por ter un contrato temporal ou un contrato a tempo parcial. O nivel académico esixido é graduado escolar ou equivalente. Terán preferencia para participar no curso (pola orde que se enumera):
1. Desempregadas en situacións de especiais dificultades.
2. Desempregadas soas con cargas familiares.
3. Desempregadas maiores de 45 anos.
4. Desempregadas de longa duración.
5. Mulleres que sufran situacións de violencia de xénero ou de exclusión social ou que teñan responsabilidades familiares non compartidas;
6. Mulleres que desexen incorporarse á vida laboral despois dunha interrupción causada pola dificultade de compaxinar a vida laboral e familiar.
Os módulos formativos que se impartirán serán os seguintes:
* MÓDULO I: Introducción ao ordenador e periféricos : 10horas
* MÓDULO II: Introducción ao procesador de textos : 10 horas
* MÓDULO III: Iniciación á rede de Internet : 10 horas
* MÓDULO IV: Políticas de igualdade: 5 horas .
O período de inscrición estará aberto ata o xoves 18 de novembro e o curso terá lugar desde o 19 de novembro ao 10 de decembro en horario de mañá de 9 a 11 horas. Será impartido no telecentro de Ribadeo, sito na Casa da Xuventude.
As interesadas en participar poden inscribirse no no Centro de Información ás Mulleres ( 982 120 739 ) sito no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo. O curso está financiado pola Secretaria Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo. Ao final expedirase um diploma acreditativo.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



