Nota de prensa:
O Panificadora queda co mel nos beizos tras remontar un 2-0 ante Riazor
O Panificadora del Eo quedou ás portas da vitoria; esta vez no pavillón do colexio coruñés Sagrada Familia fronte ao CD Riazor FS (3-2). O partido deixou o mel nos beizos das xogadoras ribadenses logo de igualar un marcador adverso de 2-0.
Ao descanso chegouse con 1-0, gol conseguido polas locais no minuto 16, resultado dunha perda de balón das da Mariña na zona de elaboración.
No primeiro minuto da segunda parte, o Riazor conseguiu o 2-0 ao introducir na portería defendida por Carla un balón sen dono dentro da área, que as ribadenses non puideron despexar. A partir deste momento, o Ribadeo fíxose dominador do partido e chegaba con perigo á portería das coruñesas. Primeiro foi Iria quen puxo o 2-1, no 30, e 2 minutos máis tarde Fátima igualou o luminoso. No 34, nunha xogada desafortunada para as visitantes, un balón rexeitado caeu a pés das locais que materializaron o 3-2 definitivo. Aínda tivo de novo o Ribadeo a posibilidade de igualar o tenteo na ocasión máis clara do partido ao presentarse tres das xogadoras ribadenses ante a porteira e unha defensora local.
Próxima xornada. O Panificadora deberá sacar o traxe de traballo e polo menos puntuar o vindeiro sábado en Ribadeo (18.00) ante o Bembrive pontevedrés, xa que no enfrontamento entre os dous pechacancelas, unha vitoria do Carballiño sobre o Castrelo, levaría o equipo de Martínez aos postos de descenso.
Ficha técnica
CD Riazor FS: María, Paula (1), Patricia (1), Elena e Alba (1), cinco inicial; tamén xogaron Sara, Branca e Vitoria.
Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Vanessa, Elvira, Sabela, María e Fátima (1), cinco inicial; tamén xogaron Marta, Eva, Arancha, Iria (1), Yoli, Sofía e Carla.
Árbitros: Fernández Fiuza e Barros Naveira (anotador), da delegación da Coruña. Expulsaron por dobre amarela a María do Panificadora e a Paula do Riazor.
Provincial masculina. Os ribadenses conseguiron unha traballada vitoria ante o Industrial Recense da Pontenova. Este triunfo mete os mariñáns en solitario no segundo posto, a 6 puntos do líder, Área 10, que non puido pasar do empate en Sarria ante o Meigallos, e a 2 por encima do Becerreá que tamén tivo que conformarse co empate en Samos. O Ribadeo xogará o próximo fin de semana en Baralla, un equipo a priori alcanzable para as súas aspiracións.
Provincial feminina. O Xoula-Ribadeo FS venceu amplamente o Donapel Monterroso o pasado sábado (6- 1). As goleadoras Elvira (1), Fátima (2) Elena (1), Eva (1) e Sabela (1), tamén xogaron Antía, Laura, Montse, Silvia, Marta e Carmen. O vindeiro sábado, o equipo desprazarase ao pavillón do Pombal de Lugo para enfrontarse ao FSF Lucense (18.00 horas).





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
