NOTA DE PRENSA
Segundo o GMPP, “o alcalde pactou as condicións de traballo da doctora da UAD e negociou a baixa da mesma”.
Os populares aseguran que no concello hai dous documentos nos que se manifesta que o alcalde e a doutora da UAD pactan a petición de baixa voluntaria da segunda.
Consideran que a política laboral do alcalde e do bipartito é un desastre.
O GMPP asegurou hoxe que o alcalde de Burela pactou no seu momento certas condicións de traballo da doctora da UAD (Unidade de Atención ás Drogodependencias) non recollidas no contrato asinado pola traballadora e o concello, porque de outro xeito non se entendería a postura do alcalde no pleno correspondente ó mes de setembro, nin tampouco se entendería o contido dun escrito que figura no rexistro de entrada do concello.
Os populares indican que “resulta sintomática a existencia dun escrito que figura no rexistro de entrada do concello co nº 7.797, de 19 de outubro, no que se manifesta que ‘reunidos’ o propio alcalde e a doctora da UAD chegan ó acordo de que a segunda pida a baixa voluntaria como traballadora da UAD”.
O escrito recolle entre outras cousas o seguinte:
“…Segundo. Que o Concello de Burela, representado polo Alcalde D. Alfredo Llano García, acepta o desestimento voluntario do contrato sen que en ningún caso iste desestimento voluntario poida conlevar ningún tipo de detracción das retribucións de dona….. Terceiro. Que ambas partes, de común acordo, fixan como data de finalización de contrato que une ás mesmas a do próximo día 31 de outubro do presente ano,data na que deixará de prestar os seus servicios dona…”.
Esto demostra, e aquí radica a culpabilidade do alcalde, que “as condicións de traballo non escritas da doctora da UAD foron pactadas no seu momento, e que o alcalde foi sempre consentidor e consciente dunha situación alomenos irregular precisamante porque el mesmo foi quen propuxo tales condicións, dado que a doctora nunca chegara a solicitar a compatibilidade laboral hasta que o PP denunciou a situación”. Este escrito é anterior a outro, presentado pola mesma traballadora, tal e como consta no rexistro de entrada do concello co número 7.845 e data de 20 de outubro, no que a interesada manifesta que “…no día onte, apresentei un escrito ao respeito do meu cesamento voluntario… como consecuencia do citado escrito, mantiven unha conversa co alcalde… veño de reiterar a miña vontade de cesar volunturiamente con data 3 de novembro…”, no que se volve a reiterar que as conversas foron frecuentes. A verdade é que esta situación é candomenos anómala, porque se ben é certo que cando unha persoa pide a baixa voluntaria previamente o comunica ó alcalde ou concelleiro de persoal, dado que non é habitual que se produzan tantas “conversas” estean “reunidos” por semellante asunto.
O PP denunciou no seu día que a doutora da UAD podería estar facendo substitucións, gardas, etc., para o SERGAS, en toda ou parte da súa xornada laboral na UAD. O PP solicitou no seu momento que se regularizase unha situación cando menos irregular, respectando en todo momento os dereitos que puidera ter a traballadora.
A situación reflexaba que a doctora poidera ausentarse do seu traballo para facer substitucións ou gardas no SERGAS, provocando unha desatención ó seu posto de traballo na UAD, e unha doble cotización á Seguridade Social por parte do Concello e do propio SERGAS, co que os perxudicados, ademais dos propios pacientes da UAD, somos o conxunto de cidadáns que pagamos os nosos impostos. Para o PP, a única responsabilidade radica no alcalde, por propoñente das condicións de traballo e consentidor dunha, cando menos, manifesta irregularidade, o que demostra que o alcalde é capaz de saltarse a normativa legal sen ningún escrúpulo, con total alegría e a saber por que motivos e como pago de qué favores.
A conclusión é que a política laboral do alcalde é un auténtico desastre: cambalaches nas condicións de traballo e baixa coa doctora da UAD; cambalaches no proceso de selección de ofiais e peóns como persoal laboral fixo hai tres anos, xa que houbo xente que coñeceu exames e respostas; cambalaches coa productividade, primeiro sí e logo, non; cambalaches con si se pagan ou non horas extras e depende a que persoal; a relación de postos de traballo ainda está sen facer; cambalaches na contratación do persoal do GRUMIR (chegouse a contratar a unha persoa que se despediu ós dous días porque houbera “un erro”); cambalaches na organización do persoal de administración ( foi tal a desorganización do funcionamento da planta administrativa do concello durante todo o verán, que trouxo consigo que persoal do grupo A e persoal labora rotaran cubrindo postos que non son da súa competencia), etc.. Exemplos que levan a pensar que se funciona por impulsos e sen ningún tipo de rigor, tal e como consta no convenio do persoal en vigor que di textualmente que “o tempo mínimo para o café será de media hora”. Un esperpento.
















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



