Nota de prensa
NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA
González Barcia pediralle ó seu grupo parlamentario que a Escola Náutico Pesqueira teña dotación nos presupostos da Xunta de 2011.
Lembra que o proxecto parouse cos gobernos bipartitos da Xunta e do concello.
O portavoz popular confían en que a súa petición sexa tida en conta.
O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) burelés, José María González Barcia, manifestou hoxe a súa intención e de dirixirse ó seu grupo político no Parlamento Galego para que este presente unha enmenda ós presupostos da Xunta para o vindeiro 2011 que contemple a consignación dunha partida económica para levar a cabo os correspondentes estudios e traballos previos para ubicar en Burela unha Escola Náutico-Pesqueira. O popular confía en que a súa petición sexa atendida, ainda a pesares da actual situación de crise económica que está a propiciar recortes nos investimentos públicos.
González Barcia manifestou que a idea de construir unha Escola Náutico-Pesqueira, que contemple tamén estudios vencellados coa acuicultura, naceu en 2004, coincidindo o PP no Goberno da Xunta e no goberno municipal de Burela. De feito, fora convocado e resolto un concurso de ideas para o deseño do edificio, que se construiría no recinto portuario. A chegada da Xunta bipartita frenou absolutamente o proxecto, dado que nin PSOE nin BNG quixeron nunca oir falar da construcción deste centro educativo.
Barcia lembrou que tén presentado no concello unha moción nese sentido catro anos seguidos, e que a resposta do PSOE e do BNG, tanto estando na oposición en Burela coma gobernando, foi sempre a mesma: non á construcción dunha escola destas características en Burela, o que demostra hasta onde chega realmente o compromiso desta xente co mundo do mar, motor básico da economìa burelesa. Un bon exemplo do anterior, asegurou Barcia, é que a concellería do Mar solo é un mero escaparate propagandístico para a persoa que a dirixe e para o propio alcalde, adicados a editar libriños pero que non se preocupan para nada do sector, nula preocupación reflexada no abandono absoluto no que teñen sumida á Fundación EXPOMAR: o concello leva tres anos sen facer as aportacións correspondentes á Fundación.
Finalmente, González Barcia destacou que a postura do PP á hora de solicitarlle á Xunta investimentos é radicalmente distinta á postura que adoptan o alcalde e o BNG: nós, desde o PP, pedimos investimentos, sexa do color que sexa a administración que tén que investir. Pero o PSOE e o BNG non queren saber nada de pedirlle investimentos nin ó Goberno de Zapatero nin á Deputación, hasta ahí chega a súa cobardía política e o seu nulo compromiso con Burela.

















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



