Nota de prensa:
O PROGRAMA BOCABERTA ESTREA ESTA SEMANA TRES NOVAS ACTIVIDADES COAS QUE ACHEGARLLES O GALEGO AOS MÁIS NOVOS
* As iniciativas “Palabras no ar”, “Señor Mundo, dígame?” e “En clave de conto” inician estes días o seu percorrido por concellos das catro provincias
* Este programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística propón actividades para dinamizar o uso do idioma entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos
Santiago de Compostela, 01 de novembro de 2010.- Tres novas actividades comezan esta semana a súa andaina no marco do programa de dinamización lingüística Bocaberta, co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca favorecer o uso do galego na franxa máis nova da poboación. As actividades Palabras no ar, Señor Mundo, dígame? e En clave de conto sumaranse nos próximos días a unha programación que botou a andar a primeiros do pasado mes de outubro.
A música é o eixo central de En clave de conto, unha das estreas desta semana. Trátase, por unha banda, de obradoiros para coñecer as distintas linguas nas que se pode cantar unha canción, entre elas o galego; e, por outra, dun concerto espectáculo baseado no disco A nena e o grilo. Esta iniciativa, na que a Secretaría Xeral colabora con OQO editora, estará o sábado 6 e o domingo 7 no Auditorio Municipal de Ourense, ás 18:00 horas ambos os dous días, nos seus formatos de obradoiro e concerto, respectivamente.
Tamén comeza esta semana Palabras no ar, un conxunto de obradoiros que van da oralidade á escrita e da gráfica creativa á gravación de programas de radio que posteriormente se emitirán na rede de emisoras municipais de Galicia. Levada a cabo pola editorial Kalandraka, estará desde mañá ata o venres na Biblioteca Pública Municipal das Pontes, con tres sesións matinais cada día.
Recital de poesía para os máis pequerrechos
A outra estrea do programa de dinamización lingüística Bocaberta é a do tolo recital de poesía infantil Señor Mundo, dígame?, da editorial Tambre, que está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 8 anos. Esta actividade visitará mañá as localidades de Valga (Centro Cívico Cordeiro), de Cuntis (CPI Don Aurelio) e de Moraña (CPI Santa Lucía), ás 9:30 horas, ás 12:15 horas e ás 15:30 horas, respectivamente.
Entre as actividades de Bocaberta que xa botaran a andar continúan esta semana Contos de maxia, protagonizada polo Mago Cali e organizada en colaboración con Edicións Xerais, que estará mañá na Casa da Cultura de Becerreá (12:00 horas.), o mércores no Centro Sociocultural da Xuventude de Monterroso (12:00 horas) e o xoves no Centro Cívico de Xove (11:30 horas).
Xa na fin de semana volverá ter protagonismo a xincana A guerra das bruxas, actividade na que a secretaría xeral vai da man da editorial Rodeira, que levará as súas probas baseadas no mundo da maxia ao Cantón de Ferrol na tarde do venres con dúas sesións, ás 16:00 e ás 17:30 horas, e ao Parque da Xunqueira de Moaña, na mañá do sábado, con outras dúas sesións, ás 11:00 e ás 12:30 horas.
Esta semana, polo tanto, o programa Bocaberta achegaralles a lingua galega aos máis novos a través da maxia, da música e da palabra por un total de dez localidades galegas.
Toda a información semanal de Bocaberta, no boletín electrónico do programa
Os horarios e localizacións de todas estas actividades de Bocaberta tamén poden consultarse a través do boletín electrónico semanal do programa, accesible desde a páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, http://www.xunta.es/linguagalega. Ademais, Bocaberta conta con canles de actualización permanente dos contidos en Facebook, Twitter e Tuenti.
Fomentar o uso do galego entre os máis novos
Bocaberta é un programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística levará a todos os concellos de Galicia, ata o próximo mes de maio, un total de 747 actividades, destinadas a fomentar o uso do galego entre os mozos e mozas entre 3 e 18 anos. Desde a música pop á maxia, a banda deseñada, a animación á lectura ou as novas tecnoloxías, as actividades de Bocaberta realízanse en colaboración con 14 entidades, entre as que se atopan editoriais, discográficas, empresas de dinamización propiamente dita e artistas.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



