- Este xoves 12, ás 20:30 h, na igrexa das Madres Concepcionistas, terá lugar o Concerto de Música de Cámara do Conservatorio de Música de Viveiro
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
- Navia será a sede dos Premios Platos de Oro 2027, tras recoller a alcaldesa Ana Isabel Fernández o testemuño en Luanco
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
- Este venres 13 de marzo, ás 20:30 h, terá lugar na sala de exposicións de RegalXunqueira, Viveiro, a presentación do libro Más barro y menos drama, de Renata Otero
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
- Este sábado 14 de marzo, ás 12:00 h, a Biblioteca Maravilhas da Escola de Arroxo–Lourenzá acollerá un encontro con Mero Iglesias, que ofrecerá a charla “Na memoria próxima”
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
- Excarceran unha persoa tras envorcar co seu coche en Pol
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
- 'As palabras perdidas' de Inventi Teatro, o sábado 14 de marzo, no Pastor Díaz de Viveiro
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
- Este sábado 14 de marzo, ás 19:00 h na Casa do Viejo Pancho, A AC Francisco Lanza organiza unha conferencia dedicada ás raíñas de Galiza, impartida por Heitor Picallo, autor de varios estudos sobre esta temática
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.