Nestas datas estase a falar moito do Sáhara e do problema saharauí.
O Sáhara e un territorio de África situado no extremo occidental do deserto do Sahara, na beira do Atlántico.
E un territorio non autónomo baixo supervisión do Comité de Desconolización das Nacións Unidas, co fin de eliminar o colonialismo. O proceso de descolonización foi interrompido no 1976 cando España abandonou o Sáhara Occidental en maos de Marrocos e Mauritania, conforme o disposto nos Acordos de Madrid, ilegais según o dereito internacional.
O 6 de Novembro de 1975 a Marcha Verde traspasou a fronteira internacional recoñecida do Sahara Occidental. O 14 de Novembro de 1975 fírmanse os Acordos de Madrid que establecen unha administración temporal tripartita, constituída por España, Marrocos e Mauritania. O 26 de Febreiro España abandonou o territorio.
Hoxe en día o territorio ta ocupado case na súa totalidade por Marrocos, aínda que nin as Nacións Unidas nin ningún pais do mundo recoñecen a soberanía marroquí.
O Fronte Polisario proclamou a independencia do Sahara en 1976 creando o estado da República Árabe Saharauí Democrática (RASD) que foi recoñecida por mais de 80 países, aínda que non a recoñeceu nin a ONU, nin a Liga Árabe, nin ningún pais europeo , nin ningún membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. A RASD administra a rexión non controlada por Marrocos.
Dende 1976 Marrocos e o Fronte Polisario están a loitar por a soberanía do Sahara Occidental. Primeiro loitaron nunha guerra que durou ata 1991, e dende esa data a loita e mais diplomática que militar para tratar de impoñer cada un os seus criterios.
En todos estes anos continuáronse producíronse enfrontamentos mais ou menos importantes que foron deixando cada vez mais debilitado o fronte polisario, que cada vez controla menos terreo.
Fai unhas datas volveu a saltar a palestra o conflito a raíz do desmantelamento do campamento do Aaiun por parte de tropas marroquís, producíndose varios mortos e feridos. Por outro lado Marrocos cerrou as fronteiras os medios de comunicación, o que impídeo que estes deran conta do sucedido.
Según un informe do asesor xurídico das Nacións Unidas dirixido o Presidente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, de data 29 de xaneiro de 2002, dí que o Acordo de Madrid de 14 de Novembro de 1975 non transfire a soberanía sobre o territorio nin confire a ningún dos firmantes a condición de potencia administradora.
Según un informe do Secretario Xeral das Nacións Unidas de 19 de Abril de 2006 ningún pais recoñece a anexión do terreo por parte de Marrocos.
En 1992 a ONU estableceu a Misión de Nacións Unidas para o referendo no Sahara Occidental (MINURSO), e dende entón está tratando de levar a cabo un referendo e de buscar unha solución o conflito sen éxito ningún. Producíronse infinidade de reunións, nomeouse a James Baker como enviado especial do Secretario Xeral da ONU para tratar de buscar unha solución, fíxose unha proposta para repartir o territorio, etc. Todo sen ningún éxito.
Mentres, en todo este tempo, o polisario está a perder territorio, peso político e influencia internacional.
Pese a todo este despregue diplomático e a simpatía que entre moitas persoas de todo o mundo a nivel individual esperta o pobo saharauí penso que está condenado a perder o control total do Sahara.
E penso isto por que os países desenrolados non teñen ningún interese en defender os posibles dereitos do fronte polisario, e en cambio tratan de contentar o goberno marroquí.
Por outro lado está a postura de España no conflito. España actuou mal cando marchou do Sahara deixando todo abandonado e non liderando un proceso de descolonización. E continuou a actuar mal con todos e cada un dos gobernos que tivemos ata o día de hoxe incluído o actual. O goberno español está mais preocupado en non molestar o goberno Marroquí que en defender unha solución xusta e pactada do conflito.
O Goberno Español non se da conta de que o peor que pode facer un goberno e mostrarse débil ante outro. Un goberno debe manter a súa independencia e mostrarse forte e firme na súa política exterior. A debilidade e a peor situación para negociar calquera tema con calquera pais, por moi veciño que este sexa.
Así que eu véxolle o futuro moi negro o Fronte Polisario. Só se mo ocorre unha solución para o seu problema, e déixollela aquí por si lle e de interese. Tratase de buscar e encontrar importantes xacementos petrolíferos nos terreos do Sahara Occidental e poñelos a disposición das compañías petrolíferas norteamericanas a cambio do control do Sahara por parte do Polisario. E a partir de aí xa se encargaran as compañías petrolíferas de convencer a quen proceda e solucionar o conflito.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



