Calcula o PP de Cervo que 300 persoas iran comer a
Nota de prensaa
A sobremesa correrá a cargo do grupo musical Vivarium
MÁIS DE 300 SIMPATIZANTES DO PP DE CERVO ARROUPADOS POR BARREIRO, RUEDA E ÁRIAS PARTICIPARÁN NO XANTAR BAILE DE NADAL
* Será no pavillón de San Román o domingo 12 de decembro a partir das 15 horas.
* Haberá unha liña de bus desde a Casa do Mar de San Ciprián con saída ás 14 horas.
Cervo, 10 de decembro de 2010.- Máis de trescentos veciños de Cervo, simpatizantes do Partido Popular, participarán no xantar-baile de Nadal organizado por esta formación política e que terá lugar este domingo 12 de decembro ás 15 horas no pavillón da comunidade de montes de San Román.
Os asistentes estarán arroupados polo presidente provincial do PP, Xose Manuel Barreiro, polo secretario xeral do Partido Popular de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e pola Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Árias.
Para facilitar a asistencia ás persoas que mercaron a súa tarxeta habilitarán unha liña de bus gratuíta que sairá ás 14 horas da Casa do Mar de San Ciprián. A autocar fará o percorrido inverso tras finalizar a música que amenizará a sobremesa, e que correrá a cargo do grupo musical Vivarium.
Aqueles que queiran sumarse a esta festa popular poden aínda adquirir as súas tarxetas nos establecementos hostaleiros habituais, ou contactando cos responsables da organización deste evento.
Os populares queren despedir o ano 2010 coa mirada e esperanzas postas en revalidar a confianza dos cervenses no ano electoral que está por chegar e antes disto compartir xunto cos seus simpatizantes un espazo de confraternidade nestas datas festivas.

















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



