Nota de prensa
Califico de bochornosa e pouca elegante a forma que ten de entrar o candidato do Partido Popular de Foz na política local. Quen tería que estar ofendida sería eu, posto que xa desde principios do ano 2009, estiven en contacto co responsable da Área de Deportes da Deputación de Lugo, D. Antonio Veiga, para xestionar a posibilidade de que Foz contara cun campo de herba artificial. En concreto, desde o Concello rexistrouse a 30 de xaneiro, un escrito* á Area de Deportes da Deputación Provincial, para transmitir a miña preocupación xa que o campo de fútbol municipal sufría un gran desgaste na tempada invernal (adestran varias categorías do C.D. Foz e outros clubs e asociación), o que causaba que ás veces se atopara en malas condicións, que podía conlevar a lesións dos nosos deportistas.
Supoño que o señor Javier Castiñeira tiña coñecemento desta petición, pois foi moi comentada no noso pobo, entre a xente do deporte. Entenderei que a súa idea, para o seu programa electoral, xurdiu da miña proposta á Deputación Provincial. Dubido, polo tanto, do seu inxenio e imaxinación e aclárolle que, neste Concello, se traballa sobre as necesidades que detectamos e nos transmiten usuarios de instalacións e veciños do noso Concello.
Xa que tanto se preocupa agora polas deficiencias do noso Concello, recomendaríalle que nos botara unha man co seu Partido na Xunta de Galicia, porque foron 2 veces neste ano as que nos denegaron as subvencións que o Concello solicitou en materia deportiva: arranxo pista de skate, arranxo pista polideportiva de Fazouro, porta de pavillón Torques de Marzán e dotación de aparcabicis, así como equipamento dos vestiarios do pavillón Torques de Marzán.
Fai unhas semanas na Comisión do Parlamento da Xunta de Galicia, a unha enmenda presentada polo PSdeG-PSOE, o Partido Popular votou en contra da dotación de herba artificial ao campo municipal de Foz, así como dunha residencia con centro de día no noso Concello. Non entendo, que tendo tanta preocupación polo estado do noso campo municipal, non lles gustara a idea aos do seu Partido.
O que si lle teño que dicir, é que para o que si obtivemos subvención, cando gobernaba o Bipartito, foi para remodelación integral dos vestiarios e duchas do pavillón Torques de Marzán. E tamén obtivemos subvención, por parte da Deputación, para remodelar integramente os vestiarios e almacéns da pista polideportiva Campo da Cabana.
Para rematar pediríalle un pouco de respecto para as persoas que si estamos traballando polo noso Concello, sen ningún tipo de electoralismo.
——
escrito* á Area de Deportes da Deputación Provincial
D. Antonio Veiga
Excma. Deputación de Lugo – Área de Deportes
Dna. ROSA ALONSO RODRÍGUEZ, Concelleira de Xuventude e Deportes do Concello de Foz,
Diríxese a vostede para comunicarlle que no noso Concello o fútbol é un deporte de fonda tradición e que congrega a un número moi elevado de persoas na súa práctica. A Asociación Deportiva Santiago de Foz (60 alumnos/as), o C.D. Foz (74 xogadores) e a Asociación Deportiva Cultural e Recreativa do C.D Foz (Veteranos do C.D. Foz, sobre 30 xogadores) utilizan durante toda a tempada as diferentes instalacións deportivas das que dispón o Concello de Foz.
Actualmente o noso campo de fútbol municipal, sito en Malates, sofre un gran desgaste polos adestramentos e competicións destes clubes, aumentado polos torneos que se celebran en diferentes épocas do ano (Torneo Costa Nova, Torneo de Infantís,…) Desafortunadamente, o terreo no que está asentado dito campo non é o máis axeitado, polo que a súa rexeneración é moi difícil, sobre todo na época invernal.
Reuníndonos cos clubes de fútbol do noso Concello, barallando opción para que este campo puidese estar en condicións óptimas para a práctica deportiva e non poñer en perigo a integridade física de ningún deportista, chegamos á conclusión de que a substitución da herba por un composto sintético, sería o máis axeitado para o correcto desenvolvemento da actividade deportiva neste campo municipal.
Somos partidarios da práctica deportiva sobre herba natural, pero neste caso, cremos que a mellor opción para este campo, dadas as súas condicións e o seu deterioro pola grande actividade que soporta, é convertelo nun campo de herba artificial.
Para o Concello de Foz supuxo unha grande inversión a construción desta instalación, así como o acondicionamento da zona e vémonos imposibilitados a acometer o gasto que suporía a substitución do terreo por herba artificial.
Por todo isto é que SOLICITAMOS á Excma. Deputación Provincial de Lugo, unha axuda para poder levar a cabo este proxecto do que se beneficiaría unha gran cantidade de persoas na súa práctica deportiva cotiá.
Agardando contar coa súa implicación neste proxecto, aproveito a ocasión para saudalo moi atentamente e agradecerlle a súa colaboración en anteriores ocasións.
Foz, a 30 de xaneiro de 2009





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



