Nota de prensa
O debate desta iniciativa terá lugar mañá no seo da Comisión de Industria do Parlamento de Galicia
BALSEIRO CUALIFICA DE EXPERPÉNTICAS E INACEPTABLES AS EMENDAS DO BIPARTITO Á INICIATIVA DO GRUPO POPULAR NA QUE RECLAMA QUE O ESTADO FINANCIE AS PREXUBILACIÓNS DE SARGADELOS
· O PSOE pide que unha empresa en crise asuma o 60% do gasto das prexubilaicións e o BNG demanda que a Xunta retire unha axuda autonómica que garante máis dun cento empregos se non readmiten a oito traballadores
Santiago, 16 de decembro de 2010.- As emendas con proposta de texto alternativo rexistradas por PSOE e BNG á iniciativa do Grupo Parlamentario Popular pola que se pide ao Estado que finance ás prexubilacións dos traballadores despedidos de Sargadelos “son experpénticas e non teñen ningún sentido”. Así o entende o deputado popular Jose Manuel Balseiro quen ademais acusa aos socialistas de “inventarse excusas de mal pagador con tal de non afrontar os compromisos que no seu dia adquiriron”, xa que as tres forzas políticas en Cervo acordaron pedir ao Estado o financiamento estatal das axudas para estes traballadores que agora lles negan.
PSOE: EXCUSAS DE MAL PAGADOR
No caso da emenda socialista o deputado popular explicou que chegan a pedir que unha empresa en crise como Sargadelos financie nada máis e nada menos que o 60% do custe destas prexubilacións. Algo que sen dúbida podería dar lugar á crise total e falta de viabilidade da empresa. Todo con tal de aforrar ao Estado o pago das axudas que no seu dia comprometeron
OITO CONDICIONAN A CEN
No caso da emenda do BNG os nacionalistas condician a axuda da Xunta –máis dun millón de euros- á que se readmitan as oito persoas despeidas polo ERE extintivo. “Ou o que é o mesmo” -segundo explicou Balseiro- “piden que retiremos unha axuda que garante o mantemento de máis dun cento de empregos para garantizar oito, inexplicable”.

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



