O vindeiro venres, día 17, cúmprese o 527 aniversario dun fito que prevalece, non só no arquivo histórico, pola transcendencia que tivo no devir da nosa terra, senón tamén na memoria popular, por tradición oral e posto que foi, ó longo dos tempos, motivo que inspirou a poetas e trovadores, a músicos, historiadores e estudosos. Cantouse en feiras e mercados e representouse no teatro…Falamos da prisión e morte de Pardo de Cela. Sabido é que éste foi acaso o persoeiro mais controvertido da historia medieval de Galicia e non seremos nós quen faga xuizo de valor algún sobre a súa personalidade. Só nos interesa que o seu recordo non esmoreza porque para cantos vivimos nos pobos da que demos en chamar “ruta Pardo de Cela” a súa vida, venturas e desventuras teñen un engado singular.O historiador B.Vicceto, tras un longo preámbulo no que describe a situación social e política de Galicia, conta cómo os reis Católicos enviaron a Galicia a Chinchilla e Acuña, en 1480, para “facer xustiza neste reino”; chegados a Santiago, “xuntaron cortes” e formada causa ó Mariscal dictaron sentencia: confiscarlle os bens, e morte a garrote. Faltaba apoderarse da súa persoa, labor que encomendaron ó capitán Mudarra.que ata finais de 1483 non puido cumprir a misión.Ignórase os lances de armas habidos neses tres anos, pero sábese que a finais do último estaba o mariscal só na Frouseira.Nela pechouse tal vez esperando a axuda de amigos e aliados ou só disposto a vender cara a vida. Ubicada a fortaleza nunha outa e escarpada rocha de difícil acceso; Mudarra, impaciente, emprendeo o asalto: foi un erro porque morreron moitos dos seus soldados e o resto fuxíu en retirada.Deberon ser moitas as mortes porque existe un documento no arquivo do cabido de Mondoñedo, según o biógrafo Rebellón, no que Ruy Pèrez, coetáneo dos feitos, declara que vivíu en San Martiño, e testemuña que Mudarra deixara certa cantidade de maravedises para fundación e altar de Santa Catalina e unha función os primeiros luns de cada mes polas almas de cantos morreran e se enterraran sobre o cerco daquel forte…Sirva o que antecede de mínima lembranza..
Suso Fernández


















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).