Nota de prensa:
O BNG denuncia que o PP continúa a marxinar e a castigar a Foz.
O PP vota no Parlamento contra o Centro de Día e a Residencia de Foz.
O Bloque Nacionalista Galego denunciou hoxe que na sesión da comisión 5º do parlamento de Galiza, isto é da Comisión de Traballo e de Benestar Social, o Partido popular votou en dúas ocasións contra a construción dun Centro de Día e dunha Residencia da Terceira Idade en Foz tal como se solicitaba en dúas emendas unha presentadas polo BNG e polo Partido Socialista. Segundo explicou o Portavoz nacionalista, Xoán Carlos González Basanta “ a proposta do BNG non pretendía outra cousa que facer efectivo o acordo adoptado por unanimidade polo conxunto dos grupos da Corporación de Foz que demandaban que nos orzamentos de 2011 se recollese unha cantidade de diñeiro que posibilitase a a licitación da obra en 2011 e o seu remate no horizonte do 2013”. “O PP volveu a fallarlle a Foz” en palabras de Basanta quen criticou que “os populares votan unha cousa en Foz e outra en Compostela o que evidencia que Foz non é unha prioridade para os populares e tamén a falta de peso político dos populares locais. O grupo parlamentario do PP volveu de novo a desautorizar ao PP de Foz e o que é máis grave todo iso co silencio dos populares locais que antepoñen os intereses dos seus mandamáis galegos aos intereses dos veciños de Foz”.
Basanta insistiu que o PP establece unha dobre vara de medir para os veciños de Foz negándolle servizos que implanta noutros Concellos. “Non é de recibo que a Conselleira de Traballo e Benestar a medio dun convenio a cargo de fundos do plano concertado asine un acordo co Concello de Cervo para a construción dunha residencia e que sen embargo poña en dúbida que Foz precise deste servizo. Esta claro que non é un problema de falta de dispoñibilidade orzamentaria, posto que para Cervo ou para Barreiros existe dotación, senón que estamos diante doutro caso de falta de vontade política que condena e discrimina aos veciños de Foz, en definitiva chove sobre mollado”, afirmou o portavoz Municipal dos nacionalistas.” Hoxe no Parlamento de Galiza o PP deixou claro a súa oposición a residencia e ao centro de dia de Foz, cando a Xunta xa dispón a día de hoxe dos terreos que no seu momento lle solicitou a Xunta bipartita, polo que despois de case dous anos, sen facer nada ao respecto parece obvio que é aos veciños de Foz aos que lles toca falar. É unha autentica tomadura de pelo, unha escusa para deixar a Foz sen este servizo que o PP afirme que se precisa un estudo para determinar a viabilidade da residencia cando no seu momento a Xunta de Galiza demandou uns terreos cunha condicións determinadas para un número de prazas e cando o propio Feijoo en campaña electoral comprometeu este servizo para os veciños de Foz” recalcou Basanta.
Os nacionalistas recordáronlle aos populares que o exercicio da acción de goberno require dar trigo e non predicar. “É unha broma de mal gosto que o PP de Foz formule grandes propostas para o futuro pero que na contra se negue a cumprir coas reivindicacións dos veciños de Foz, mesmo con aquelas que no seu momento apoiaron. Os militantes do PP de Foz calando e dando por boa que Foz non conte con este equipamento tan necesario semellan que non son veciños deste Concello e cando menos deberían explicar que ten Foz a diferencia doutros concellos para non contar con este servizo. Moito nos tememos que isto o que está a demostrar e que nin o PP de Galiza se toma en serio aos populares de Foz e que os populares de Foz andan a cousas ben distintas que a defender diante do seu partido os intereses dos veciños de Foz” afirmou Basanta que indicou que “é o momento que os focegos digamos non a discriminación pero tamén a resignación, posto que está en xogo servizos para os nosos maiores e emprego para a xente da vila”.
Xa por último Basanta anunciou que na vindeira semana o Parlamento de Galiza debaterá unha proposición non de lei na que lle esixe a Xunta de Galiza a construción en Foz dun centro de dia con 50 prazas e dunha residencia con 75, na liña do comprometido no seu día pola Xunta de Galiza para a cal o Concello de Foz puxo a súa disposición terreos ao pé do Asilo.

















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



