Nota de prensa:
Bases 1º Certame de Atalaia : Ribadeo e as súas Xentes. Atalaia convoca
este CERTAME ARTIGOS SOBRE RIBADEO E AS SUAS XENTES
BASES:
1.- Tema : Protagonistas: Ribadeo e as súas xentes (Realidade ou ficción)
2.-As obras deben ser inéditas e se enviarán a Atalaia a través do correo
electrónico
atalaiaasociacion@yahoo.es
3.- A extensión máxima das obras será de 2 folios, escritos a ordenador
por unha soa cara e a
dobre espacio. (Si se utiliza ordenador, recomendamos: tipo “Arial” e
tamaño 12).
4.- O prazo de presentación : A partir deste anuncio e finalizará o 30 de
MARZO do año 2011.
5.- AS obras presentaránse con título e pseudónimo, que deberá conter os
seguintes datos:
nome e apelidos do autor, enderezo, teléfono e correo electrónico.
6.- O premio consistirá nun diploma conmemorativo para cada un dos
galardonados e a
publicación conxunta das obras seleccionadas no facebook, blogs de atalaia e
nun boletin que
se repartirá en paseos/actividades de Atalaia baixo o título 1º Certame
Artícugos sobre Ribadeo e as suas Xentes de Atalaia
8.- A publicación consistirá nun prólogo, seguido das obras seleccionadas
e os datos
biográficos dos autores, por orden alfabético de apelidos e nomes (si
quixeran darse a
coñecer, de non ser así seudónimo)
9.- O autor non perderá os seus dereitos, pode pubricar a obra, pola sua
conta, ainda de ter sido o publicada por Atalaia; pero non poderá esixir
pago de dereitos de autor nin calquer outro
tipo de imposto o gravame .
10.- O xurado estará formado por socios de Atalaia






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



