Sociais
Nota de prensa
UN TALLER PRÁCTICO DA EMPRESA DE BURELA PUXO O PECHE Á XORNADA
LOGAIDEA COMUNICACIÓN PARTICIPOU EN MADRID NA XORNADA SOBRE A IMAXE DOS SERVIZOS SOCIAIS
A Consellería de Familia e Asuntos Sociais da Comunidade de Madrid organizou o pasado 29 de novembro unha xornada sobre ‘Comunicación e Imaxe en Servizos Sociais’, na que interviñéron contrastados profesionais dos medios de comunicación e na que xogou un papel destacado a empresa de comunicación Logaidea, achegando un enfoque máis creativo e práctico para abordar os problemas de comunicación que sofren os profesionais do ámbito do social.
A conselleira de Familia e Asuntos Sociais, Engracia Hidalgo, inaugurou a xornada destacando a importancia dos “medios de comunicación para facer consciente á sociedade do traballo que están realizando os servizos sociais, aínda que só parece que aparezan nos medios cando ocorre algo excepcional, algo malo”.
A celebración desta xornada pon de manifesto que os profesionais do sector demandan maior presenza dos servizos sociais nos medios, xa que da enquisa realizada entre os asistentes dedúcese que o 74% dos expertos e profesionais dos servizos sociais considera escasa ou nula a actual representación.
Para tratar o papel que os medios de comunicación deben xogar na consolidación do sistema dos servizos sociais contouse con contrastados profesionais dos medios de comunicación, como a veterana xornalista Consuelo Sánchez-Vicente, que enfocou a perspectiva da comunicación desde o punto de vista do traballo dos informadores. José Manuel González-Huesa, director da axencia especializada en servizos sociais Servimedia, centrou a súa intervención nos tópicos e perigosos estereotipos que dos servizos sociais ofrécese nos medios de comunicación. Xa pola tarde, a profesora María José Canel Crespo, catedrática de Comunicación Pública da Universidade Complutense, presentou unha serie de estratexias de comunicación básicas para calquera profesión, incluídos os servizos sociais.
A empresa burelense Logaidea comunicación encargouse de pechar a xornada coa posta en práctica dun taller experimental con ideas, consellos prácticos e solucións para as diferentes situacións que viven os profesionais de servizos sociais na súa práctica diaria. Os profesionais Luis López e Jesús Tato desmitificaron a importancia dos medios, en moitos casos fora do alcance dos técnicos de servizos sociais, e centraron a súa atención en técnicas simples de mercadotecnia, comunicación e publicidade que cada profesional pode e debe realizar para mellorar o seu labor profesional e sobre todo a imaxe que se percibe dela.
Unha sesión práctica que puxo broche á xornada e que conseguiu conectar coas verdadeiras problemáticas que viven os profesionais do sector, lonxe case sempre da relación coa prensa, do que se encargan os departamentos especializados de cada institución. Os numerosos profesionais de servizos sociais que asistiron á xornada mostráronse moi de acordo coas liñas expostas pola empresa galega.
Logaidea impartiu un novo curso de formación sobre comunicación en Madrid
O coñecemento das necesidades de comunicación dos Servizos Sociais que mostra o equipo de Logaidea derívase dos anos de experiencia como formadores de profesionais deste sector en técnicas de mercadotecnia e comunicación. Nos últimos meses o equipo de formación da empresa desenvolveu cursos sobre a imaxe dos Servizos Sociais na Rioxa e en Madrid, que normalmente están organizados polo Ministerio de Política Social ou as Comunidades Autónomas interesadas na materia.
Integrado por profesionais da comunicación, a publicidade e os servizos sociais, o equipo de Logaidea Comunicación consolidouse este ano como un dos referentes en España nesta disciplina.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



