Antonio Gato subliña que a Xunta discrimina á provincia coa eliminación da subvención da UPD en 2011
– A través da Unidade de Promoción e Desenvolvemento, creada en 2008 ó abeiro dun programa da Consellería de Traballo, a Deputación aforrou 750.000 euros na redacción de 183 proxectos de obra ó non ter que contratar este servizo a unha empresa externa
-Tendo en conta o importante servizo que presta, o organismo provincial está a estudar como manter a Unidade, “e veise na obriga de buscar unha solución ante a incompetencia do goberno de Feijóo”
– Lugo é a única provincia galega na que a Xunta só renovou unha UPD de todas as existentes
– O organismo provincial adxudica o 100% da partida do Plan Extraordionario de Obra Pública, destinada a obras en 19 Concellos e dotada con máis de 12 millóns de euros
– O dispositivo despregado pola Deputación, formado por 94 vehículos e 80 operarios, continúa a traballar ininterrumpidamente para restablecer a situación canto antes na rede viaria provincial. Arestora, permanecen pechadas ó tráfico 19 estradas
O voceiro provincial Socialista, Antonio Gato Soengas, anunciou este venres que a Xunta de Galicia eliminará en 2011 a subvención para o mantemento da Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) que puxeron en marcha o INLUDES e a Consellería de Traballo en 2008 no marco dun programa comunitario impulsado polo departamento autonómico. Este servizo permitiulle á Deputación aumentar a cooperación cos Concellos e aforrar 750.000 euros na redacción de proxectos de obra, evitando ter que contratar este servizo a unha empresa externa. Gato Soengas subliñou que “o goberno de Feijóo volve dicriminar á provincia e a todos os lucenses”, tal é así que a diferenza do que fixo con outras provincias, a de Lugo é a única na que a administración autonómica só renovou unha UPD.
Nos últimos dous anos, dende este departamento realizáronse 183 proxectos, dos que 105 foron do canon nos 16 municipios afectados, 14 do Plan Extraordinario de Obra Pública, 7 do convenio que subscribiron Deputación e Xunta para dotar de infraestruturas urbanas e mellorar os equipamentos existentes en Viveiro, e 2 do Plan de Obras e Servizos (POS).
Tendo en conta que o programa no que se enmarca o funcionamento da UPD remata o 31 de decembro de 2010, o INLUDES solicitou á Consellería o 7 de xuño a súa renovación,”porque é un instrumento de traballo que adicamos en boa medida á cooperación cos Concellos. O certo é que non tivemos resposta”. En total, o Executivo Galego achegou dende 2008 356.000 euros para o mantemento deste servizo, e o INLUDES aportou 186.891 euros.
Incompetencia da Xunta
Ante esta situación, o Deputado provincial sinalou que a Deputación está a estudar como manter a UPD, “xa que está a prestar un servizo moi importante tanto para a o ente provincial como para os Concellos”. Neste senso, Antonio Gato subliñou que “vémonos na na obriga de buscar unha solución ante a incompetencia do goberno de Feijóo”. A este respecto, lembrou que “lle seguimos marcando a axenda política ó Presidente da Xunta. Hoxe podemos volver a dicilo e afirmalo. Di que vai a investir non sei cantos millóns de euros para incluir na administración electrónica o DOG. A Deputación fará o mesmo co BOP e xa o anunciamos con anterioridade”.
A UPD, formada por un equipo multidisciplinar, conta cun diplomado en Relacións Laborais, un Enxeñeiro Técnico en Obras Públicas, un Enxeñeiro Técnico en Telecomunicacións, un Arquitecto Técnico e un administrativo. Este equipo tivo como función principal colaborar cos Concellos da provincia na elaboración e asesoramento de proxectos vencellados co desenvolvemento económico da provincia. Dende esta Unidade ó longo destes dous anos prestouse asesoramento nas principais liñas estratéxicas do actual equipo de goberno: cooperación cos Concellos, medio ambiente e novas tecnoloxías. Precisamente, ademais dos proxectos de obra pública e dos realizados a nível medioambiental como a construción de parques biosaudables en distintos municipios, os profesionais da UPD tamén realizaron un amplo estudo da TDT, que permitiu coñecer a situación da provincia nesta materia.
Adxudicado o 100% das obras do Plan Extraordinario de Obra Pública
A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación provisional das dúas últimas obras do Plan Extraordinario de Obra Pública creado pola Deputación para adiantarse á saída da crise e manter os postos de traballo existens na provincia. O importe destas actuacións é de 747.396 euros. O voceiro provincial socialista subliñou que “o Presidente da Deputación cumpre a súa palabra cando anunciou que a súa previsión era adxudicar todas as obras do Plan Extraordinario antes de que rematese o ano. En total, máis de 12,2 millóns de euros en 19 Concellos. Por tanto, se fixéramos un repaso de todas as que se levan adxudicado veríamos a grande incidencia do traballo da Deputación nestes municipos, que moitos deles non tiveron máis obra pública que a nosa. A Xunta de Feijóo recuou nestes investimentos que non favoreceron en nada o emprego en Galicia, tal e como indican os datos do paro recén publicados”.
Trátase do acondicionamento da estrada provincial 4606 que vai de Rioxoán por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballido, a Asturias, en Ribeira de Piquín. Esta actuación na que o organismo provincial investirá 572.363 euros inclúe a mellora do treito de 9 quilómetros, dende o punto quilométrico 15,7 ó 24,7. Asimesmo, aprobouse a adxudicación da mellora da estrada provincial 4011, que vai do cemiterio a Tarrío, en Palas de Rei. Neste caso, trátase do treito comprendido entre o punto quilométrico 0,187 ó 0,637. O importe desta actuación ascende a 175.133 euros. En ambos os dous casos, os traballos inclúen aglomerado en quente, sinalización vertical e horizontal e ollos de gato. Ademais, tamén se adxudicou provisionalmente a execución da obra adicional de acondicionamento e mellora de 11,240 quilómetros da CP 1102 de Couto de A por Ansemar a Castro Riberas de Lea por valor de 168.589 euros.
Outros acordos da Xunta de Goberno
Asimesmo, deuse o visto e prace a 26 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais, das que 3 pertencen ó ano 2006, 10 ó 2009 e 13 ó 2010. Suman un total de 291.645 euros e a Deputación subvenciona 205.871. Corresponden ós Concellos de: Friol (4), Taboada (3), Lugo (3), Láncara (3), Palas de Rei (2), Becerreá (2), Fonsagrada (2), Barreiros, Samos, Viveiro, Guitiriz, Mondoñedo, Pastoriza e Baleira.
Temporal neve
O dispositivo despregado pola Deputación, formado por 94 vehículos e 80 operarios, continúa a traballar ininterrumpidamente para restablecer a situación canto antes na rede viaria provincial. Arestora, permanecen pechadas ó tráfico 19 estradas: 3807 e 3809 en Ourol; 6502 en Vilalba; 5506 en Trabada; 3103 en Mondoñedo; 2801 en Riotorto; 1901e 1906 en Fonsagrada; 3601 en Negueira de Muñiz; 1901, 3502 e 0708 en Navia de Suarna; 1301, 1304, 5004 e 5601 no Courel; 5601 en Samos; 5004 en Quiroga; 1301, 1304 e 4502 en Pedrafita do Cebreiro; e 4701, 4706 e 4707 en Pobra do Brollón. Nas últimas horas, os servizos provinciais repartiron 126 toneladas de sal e xa rechearon os saleiros de Lugo, Terra Chá, Becerreá, Fonsagrada, Ourol e Navia de Suarna. A Deputación mantén en alerta o dispositivo despregado para atender as incidencias e por neve e xeo que poidan xurdir ó longo das vindeiras horas.
Antonio Gato respostou ás críticas dos Partido Popular. É verdade que o señor Barcia porque os do PP desmantelaron tal parque e naquel momento non había forma de actuar nas estradas provinciais. Agora temos um servizo bem todado. O primeiro que debo dicir é que non foi tanto cousa de cuñas senón como de sal. Por certo que para ir a rescatar um vehículo houbo que socorrer outros catro en estradas da rede autonómico. Aquí é onde residiron os problemas”.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



