Será por un prazo de cinco meses e a xornada completa, modalidade de obra ou servizo determinado. Para persoas diplomadas en EXB, traballo social ou educador social. Valoraranse, entre outros, os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da praza a que se opta, o coñecemento do galego e a antigüidade no paro. As persoas interesadas deberán presentar a documentación ata o 5 de xaneiro ás 14 horas. As probas serán o 7 de xaneiro ás 10 da mañá na Casa do Concello.
Ribadeo oferta unha praza temporal de técnico para a oficina de información e asesoramento a inmigrantes
Ribadeo oferta unha praza temporal de técnico para a oficina de información e asesoramento a inmigrantes
Relacionado
-
O deputado de Rural e Mocidade achegouse este sábado a feira do libro de Ribadeo “Letras no campo” que conta coa participación do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
-
O Castro de Viladonga (Castro de Rei), dependente da Xunta, foi este venres escenario do nomeamento de Abraham Cupeiro como socio de honra da agrupación lucense de recreación histórica ‘Vindicta’
-
Presentación en Vilalba de “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas”, de Luz Darriba