Nota de prensa
A área do BNG da Deputación destinou 20.000 euros para os clubes de Xove
O departamento provincial de Cultura concedeulles múltiples axudas aos diferentes clubes e asociacións deportivas que realizan unha importante tarefa de promoción do deporte base e o lecer dos adultos no Concello de Xove.
O Club de Baloncesto, o equipo de Fútbol-Sala, a liga de Bolos Celtas, o Xove-Lago, o Club de Natación ou o programa municipal “Ponte en Forma” foron beneficiados con estas subvencións. Ademais, a área que xestiona o mariñao Antonio Veiga aportou 2.000 euros para a rehabilitación do local social do campo municipal de fútbol.
Desde o Bloque xovense quixeron salientar que esta contribución, correspondente ao ano 2010, ratifica o compromiso das áreas nacionalistas da Deputación co deporte local e amosa, de novo, “unha xestión transparente e aberta ás necesidades da xente”.
| Nº REX | NOME ENTIDADE | C.I.F. | NOME ACTIVIDADE | Definitiva | CONCELLO |
| 14159 | CLUB DE BOLOS XOVE | G27371988 | LIGA PROVINCIAL E NACIONAL DE BOLOS CELTAS | 1.800,00 | XOVE |
| 14746 | CLUB BALONCESTO XOVE | G27303320 | ACTIVIDADES COMPETITIVAS DE BALONCESTO DO CB XOVE | 5.000,00 | XOVE |
| 14990 | UNION DEPORTIVA XOVE LAGO | G27144203 | TEMPORADA DE FUTBOL 2010 | 4.900,00 | XOVE |
| 14992 | CLUB NATACION XOVE | G27106749 | NATACION | 3.000,00 | XOVE |
| 15423 | SOCIEDAD DEPORTIVA XOVE FUTBOL SALA | G27396241 | LIGA PROVINCIAL DE LUGO DA FGFS | 1.300,00 | XOVE |
| MESA TECNICA DEPORTES CONCELLOS, CATEGORIA: ACTIVIDADE DEPORTIVA | |||||
| Nº REX | NOME ENTIDADE | C.I.F. | NOME ACTIVIDADE | Definitiva | CONCELLO |
| 13807 | CONCELLO DE XOVE | P2702500F | PROGRAMA XOVE PONTE EN FORMA | 2.000,00 | XOVE |
| MESA TECNICA DEPORTES CONCELLOS, CATEGORIA: EVENTOS DEPORTIVOS | |||||
| Nº REX | NOME ENTIDADE | C.I.F. | NOME ACTIVIDADE | Definitiva | CONCELLO |
| CONCELLO DE XOVE | NON SOLICITA | XOVE | |||
| MESA TECNICA DEPORTES CONCELLOS, CATEGORIA: INVESTIMENTOS EN INSTALACIONS DEPORTIVAS | |||||
| Nº REX | NOME ENTIDADE | C.I.F. | NOME ACTIVIDADE | Definitiva | CONCELLO |
| 14619 | CONCELLO DE XOVE | P2702500F | REHABILITACION LOCAL SOCIAL CAMPO DE FUTBOL MUNICIPAL DE XOVE | 2.000,00 | XOVE |
| MESA TECNICA DEPORTES CONCELLOS, CATEGORIA: INVESTIMENTOS EN EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS | |||||
| Nº REX | NOME ENTIDADE | C.I.F. | NOME ACTIVIDADE | Definitiva | CONCELLO |
| CONCELLO DE XOVE | NON SOLICITA | XOVE |
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



