NOTA DE PRENSA
Compostela, 14 de xaneiro de 2010. O Proxecto Ríos, iniciativa promovida por ADEGA, vén de apresentar o Informe 2010 sobre o estado de saúde dos ríos galegos. Neste informe recóllese o estado dos nosos ríos, froito das análises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos 299 grupos de voluntarios/as do país. Preséntanse os resultados das citadas inspeccións, así como a metodoloxía empregada na realización do informe, así como as actividades máis importantes realizadas durante o ano 2010. O Informe Anual permite indicar o estado de saúde das diferentes bacías a partir dos indicadores empregados polos participantes.
Dende o ano de inicio do Proxecto Ríos, o número de participantes aumentou considerabelmente. Na actualidade contamos con 299 grupos. Cos resultados das inspeccións realizados polo voluntariado ambiental elabórase un Informe Anual do estado dos ríos galegos.
As concas máis estudadas son as das Rías Baixas e a do Miño, que acadan entre ambas unha porcentaxe que rolda o 67% das inspeccións realizadas. A porcentaxe restante repártese entre as concas do Arco Ártabro e Fisterrá, as do Limia-Douro e as concas que verten ao mar Cantábrico.
En función dos datos recibidos, podemos afirmar que o estado de saúde dos treitos analizados en 2010 foi moi bo na campaña de primavera (52%), e en outono o 54% estiveron en estado bo, correspondéndolle ao estado moi bo o 29%. Observáronse treitos con saúde moderada (15% en primavera; 9% en outono) e deficiente (3% en primavera; 8% en outono) e ningún en estado malo.
Isto indícanos que os nosos ríos están a experimentar unha deriva na que se ven apreciando unha regresión no seu estado de saúde.
Estes datos vense constatados tamén polo estado de conservación do bosque de ribeira. Nas condicións das marxes dos ríos inspeccionados durante as dúas campañas, se aprecia un aumento das alteracións importantes e das marxes moi degradadas, tendencia que xa apareceu en 2008 e 2009.
En 2010 o Proxecto Ríos fixo un cambio na metodoloxía de inspección de río, onde se engadiu o estudo da calidade do hábitat a través do índice IHF (índice de heteroxeneidade fluvial). Os datos aportados polo voluntariado revelaron que a calidade do hábitat nos treitos estudados foi excelente nun 67% en primavera e moderado nun 33%. En outono, as porcentaxes se distribúen do seguinte xeito: excelente, 42%; moderado, 48%; deficiente, 10%. En primavera, o río con saúde deficiente foi o río Sar ao seu paso por Santiago de Compostela. Con saúde moderada, temos os ríos Tea, Baa e Xunco. En outono, con saúde deficiente temos os ríos Lagares, Mero e Limia. Con saúde moderada foron o Sarria, Loña, Deique, Mero e Ba






















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



