Candia defende a necesidade de reforzar o apoio aos autónomos e ao comercio local, cun plan permanente para dinamizar a actividade económica e de mellorar a accesibilidade, o aparcamento e a seguridade nas zonas comerciais
Lugo, 12 de marzo de 2026. A presidenta do PP e voceira municipal, Elena Candia, a deputada lucense no Congreso Cristina Abades e a concelleira e portavoz de Economía do Partido Popular no Parlamento de Galicia Cristina Sanz mantiveron unha reunión de traballo con membros dos colectivos de Lugo Monumental e Mulleres Líderes de Galicia para escoitar de preto a realidade dos traballadores e traballadoras por conta propia, os autónomos e autónomas, que “son parte fundamental da tecido produtivo da nosa provincia”.
As populares quixeron achegar algunhas das medidas de apoio ao colectivo por parte do Partido Popular, ademais de recoller as demandas dos autónomos e autónomas para incorporar ao Plan Integral do Autónomo avanzado por Feijóo que se pode simplificar en “menos impostos e trabas, máis protección e facilidades para medrar”.
As principais medidas recollidas nun decálogo son: a exención do IVE a quen factura menos de 85.000 euros; Tarifa Cero para novos autónomos; redución anual das declaracións (de catro a dous ou a unha); o non pago das cotizacións durante un ano polo primeiro empregado contratado e a bonificación ao 50% do segundo; a exención do pago das cotizacións polas baixas por enfermidade grave; facilidades para traballar despois da idade de xubilación co 100% da pensión; non penalizar a pluriactividade non cotizando por enriba da base máxima; a exención de cotas durante dous anos tras a paternidade e maternidade; equiparación dos dereitos por lactación e clarificación e incremento das deducións de gastos.
Os autónomos e autónomas coincidiron en sinalar a “falta de persoal e de relevo xeracional” e as dificultades para emprender toda vez que “o Goberno de Pedro Sánchez prexudica a quen traballa”, segundo manifestaron as populares.
Pola contra, o Goberno galego puxo en marcha nos últimos anos medidas para facilitar o traballo autónomo como: a cota cero para apoiar novas altas, a unificación das axudas nunha única orde para simplificar trámites ou o Bono Remuda, para seguir impulsando a continuidade dos negocios.
FACILIDADES DENDE O ÁMBITO LOCAL
Elena Candia compartiu tamén con autónomas lucenses propostas para facilitar o seu traballo indicando que o Concello debe ser un aliado das iniciativas empresariais.
A voceira municipal defende a necesidade de reforzar o apoio aos autónomos e ao comercio local, cun plan permanente para dinamizar a actividade económica. E incidiu tamén na necesidade de mellorar a accesibilidade, o aparcamento e a seguridade nas zonas comerciais, así como garantir que os comerciantes participen nos proxectos municipais que poidan afectar aos seus negocios como é o caso do Plan de Mobilidade que aprobou o goberno lo PSOE e do BNG.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



