Nota de prensa:
Balseiro e Álvarez Chao salientan que o canon de auga vén a substituír o actual de saneamento por unha esixencia da directiva marco da Unión Europea que busca garantir un uso racional e sostible da auga
OS DEPUTADOS POPULARES ACLARAN QUE A NOVA LEI DE AUGAS EXIME DO PAGO OS USOS AGRÍCOLAS, GANDEIROS E FORESTAIS E POSIBILITA QUE TRAÍDAS VECIÑAIS E POZOS PARTICULARES TAMPOUCO TEÑAN QUE PAGAR
* Censuran que o BNG “estea a desinformar a xente” con falsidades tales como que hai que instalar contadores de auga.
* A nova normativa incentivará o uso responsable da auga xa que será por treitos de consumo, a taxa dependerá do número de residentes na vivenda, terá en conta ás familias numerosas e contará cunha tarifa social que permitirá que máis dun 30% da poboación se beneficie da mesma pagando menos que coa actual
Barreiros, 26 de xaneiro de 2010.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Emma Álvarez Chao e Jose Manuel Balseiro, acompañados polo Alcalde de Barreiros, Alfonso Fuernte Parga, salientaron hoxe en rolda de prensa en relación coa nova Lei de Augas que o canon de auga que vén a substituír o actual canon de saneamento e é unha esixencia da Directiva Marco da Auga Europea que establece que “antes do 2010 o recibo da auga que pagan os cidadáns europeos deberá incluír todos os custes de subministro incluíndo o tratamento e xestión das augas residuais”.
Os parlamentarios do PPdeG destacan que o novo canon incentivará o uso responsable da auga, xa que se establecerá por treitos de consumo e dependerá do número de residentes na vivenda. De feito os populares insistiron en que “non se vai pagar máis” senón que o que se vai facer é unha tarificación diferente, en función do consumo e no que aqueles que son conscientes da importancia de aforrar auga salgan beneficiados. Balseiro e Álvarez Chao insistiron en que un 30% dos abonados pagarán menos do que o están facendo actualmente. Ademais, haberá bonificacións do 50% para as familias numerosas. Os deputados populares puxeron un exemplo do que sucederá: Unha familia con tres fillos que agora mesmo estea a abonar 12 euros pasará a pagar soamente 6.
REBATENDO FALSOS ARGUMENTOS DO BNG
Os deputados populares acusaron ao BNG de estar facendo unha campaña de intoxicación “porta a porta” e de ahí que corresponda clarexar todo o referente a esta nova taxa. Balseiro e Álvarez Chao explicaron que “os usos agrícolas, gandeiros e forestais quedan exentos do pagamento do canon da auga” e que “na práctica tampouco terán que aboar os usuarios de captacións propias ou comunais, xa que a lei establece para as comunidades de usuarios, traídas veciñais e pozos particulares unha bonificación do 90%, polo que o seu cobro resulta antieconómico para a Administración”.
Álvarez Chao e Balseiro sinalaron que é “rotundamente mentira” que haxa que pór contadores. E insistiron en acusar ao BNG de facer malgastar o diñeiro aos veciños: “A nos xa viñeron varias persoas que mercaron contadores porque os do Bloque lles dixeron que ían ser obrigatorios para as traídas veciñais e para os pozos das familias. Iso non é certo. ¿Vailles devolver vos cartos a xente do BNG?”
USO RACIONAL E SOSTIBLE DA AUGA
A nova Lei de Augas “establece un novo marco xurídico galego que garantirá a auga en calidade e cantidade á cidadanía, promovendo un uso racional e sostible, o que implicará unha mellora na xestión dos recursos hídricos de Galicia”, sinalan os deputados do Grupo Parlamentario Popular, para os que resulta “incrible” que os nacionalistas “continúen coa súa teima de oporse a todo o que supón un claro beneficio”.
“Os nacionalistas demostran que non teñen nada positivo que achegar ao dedicar o tempo a desinformar e crear alarma con falsidades”, apuntan os deputados, quenes insisten ademais que a Lei de Augas ven imposta pola transposición dunha Directiva europea de obrigado cumprimento.


















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



