NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA
Barcia: “nunca vin ó alcalde pedíndolle á Xunta bipartita que axilizase o acceso ó porto”.
O portavoz dos populares reitera que a obra é “prioritaria para Burela, pero non para o alcalde”.
Barcia manterá unha reunión cos máximos responsables da Consellería de Medio Ambiente o vindeiro martes, día un.
O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela José María González Barcia, reiterou hoxe, a través dunha nota de prensa, que a obra de acceso ó porto é “absolutamente prioritaria para Burela e para o seu desenvolvemento económico, e por extensión para o conxunto da Mariña, e por eso a Xunta está absolutamente comprometida con esta obra; tanto é así, que o presuposto da obra vai aumentar en cáseque dous millóns de euros”.
Barcia asegurou que “non fai falla que o alcalde se moleste levando este asunto a pleno, porque non tivo o mínimo detalle de solicitar nunca, nin antes, nin agora, unha entrevista nin co conselleiro de Medio Ambiente nin coa Directora Xeral de Infraestructuras para falar de este asunto, o que demostra o seu grado de preocupación pola obra e a súa falla de coherencia. Pola contra, o PP sí manterá o vindeiro martes día un unha reunión cos máximos responsables da Consellería de Medio Ambiente, para analizar a situación presente da obra e a planificación que seguirá no futuro”.
Para o portavoz do GMPP, “cómpre lembrar que esta obra foi licitada e adxudicada pola Xunta bipartita en 2007, cando xa nos presupostos da Xunta de 2005, últimos da etapa Fraga, quedaba consignación orzamentaria e o proxecto aprobado. Usouse como disculpa do retraso que se ía revisar o proxecto, pero a realidade é que a Xunta de Touriño e de Quintana adxudicou a obra cáseque dous millóns e medio de euros por debaixo do presuposto de saída, o que conducía á obra a unha situación difícil, ademais de todos os outros problemas de tipo xurídico e técnico que xurdiron”.
“Resulta chocante, afirma Barcia, que o propio alcalde, na comisión informativa do pasado luns, empregase como motivo da rescisión de contrato solicitada pola unión de empresas adxudicataria da obra o baixo presuposto da mesma, porque está recoñecendo que a Xunta bipartita fixo unha baixa temeraria”. Para Barcia, “unha vez máis, o alcalde non é coherente, algo, por outra parte, ó que xa nos tén acostumados, porque el mesmo calou a boca cando a Xunta bipartita non foi capaz a sacar a obra adiante; tanto é así, que el mesmo hasta tres veces fixou o prazo de remate da obra e nas tres veces errou o seu pronóstico”.
O voceiro dos populares afirmou que a Xunta “está a facer o que tén que facer para que se reinicien as obras, pero sempre dentro do marco legal. Todos queremos que se faigan as obras canto antes, pero os prazos que marca a normativa vixente hai que respectalos”.
Finalmente, Barcia indicou que “o PP burelés vai facer todo o posible para que a Xunta, dentro do marco legal vixente, axilice todo o que se poida a obra para que esta sexa canto antes a realidade que todos os cidadáns de Burela queremos. Se alguén pretende usar o discurso de que o o PP está en contra de algo, vai errado. Seralles millor que se apliquen máis a xestionar, a salir do despacho, para demostrar a súa capacidade de xestión, e que se apliquen menos a criticar, porque os que de momento están elexidos para gobernar deben cumplir con esa función e non pretender ser goberno pola mañán e ser oposición pola tarde”.


















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



