Nota de prensa:
O CONCELLO OUTORGA 2.250 EUROS EN AXUDAS DE TRANSPORTE A ALUMNOS QUE CURSAN ENSINANZAS NON OBRIGATORIAS E SUPERIORES FORA DO TERMO MUNICIPAL
* Na presente convocatoria recibíronse un total de 18 solicitudes, das cales 17 foron as que se axustaban ás bases para ter dereito a percibir estas axudas
* A contía destinada nos orzamentos municipais para esta liña de axudas era de 6.000 euros
* O investimento municipal en materia de subvencións de carácter educativo supera os 61.000 euros anuais
Cervo, 4 de xaneiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Educación, Yolanda Pedreira, fixeron este mediodía entrega dos cheques de axuda aos alumnos e alumnas do municipio que cursan estudios medios e superiores fora do termo municipal nalgún dos centros públicos de ámbito estatal e que non se imparten no Concello de Cervo .
Na presente convocatoria recibíronse un total de 18 solicitudes, das cales 17 foron as que se axustaban ás bases para ter dereito a percibir estas axudas segundo o valorado polos servizos xurídicos e de intervención municipais. A contía total destas subvencións ascende a 2.250 euros e as cantidades asignadas a cada un dos beneficiarios é de 150 euros para cada un deles.
Entre os beneficiarios atópanse un total de 11 estudantes cervenses de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior en diversos institutos da comarca e doutras localidades como A Coruña. Así mesmo hai 6 estudantes universitarios que cursan carreiras nas universidades da Coruña, Santiago e Oviedo.
Ampliación do plazo
A concelleira de Educación, Yolanda Perdreira, lembrou que o Concello tiña destinada unha partida inicial de gasto de 6.000 euros dentro dos orzamentos municipais e que o prazo inicial para a presentación de solicitudes para optar a estas axudas fora ampliada ata o pasado mes de decembro co obxecto de que se puideran beneficiar o maior número de rapaces e rapazas.
Pola súa banda, o alcalde, Alfonso Villares, dixo que o Goberno local era consciente da demanda social deste tipo de subvencións. Neste senso lembrou que Cervo é un dos municipios pioneiros da comarca da Mariña na posta en marcha axudas de carácter educativo. “Dende hai anos que vimos apostando pola Educación como motor principal do futuro deste municipio” asegurou.
Segundo Villares, así o reflicten “estas e outras moitas axudas” que ten o Concello relativas á Educación “coma as axudas ás asociacións de Nais e Pais, ou a contratación de conserxes en tódolos colexios do municipio” indicou o rexedor. “Estas liñas de subvencións municipais -dixo- superan anualmente os 61.000 euros sen contar os gastos de mantemento dos colexios. Pretendemos, en definitiva, contribuír a facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación dos nenos e nenas do noso municipio”.
Nesta convocatoria podían optar ás axudas aqueles rapaces e rapazas que estiveran cursando as seguintes modalidades educativas:
* Educación secundaria postobrigatoria:
1. Bacharelato (modalidade de artes)
2. Formación profesional de grao medio
3. Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio
4. Ensinanzas deportivas de grao medio
* Educación superior:
1. Ensinanza universitaria (diplomatura, licenciatura ou grao)
2. Ensinanzas artísticas superiores
3. Formación profesional de grao superior
4. Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior
5. Ensinanzas deportivas de grao superior
Quedan excluídas desta convocatoria de axudas, as ensinanzas de réxime especial (ensinanzas de idiomas, artísticas ou deportivas por ter unha liña de axudas específica para eles).
Os requisitos para optar ás axudas eran:
1. A unidade familiar deberá estar empadroada e ter residencia efectiva permanente no Concello de Cervo
2. Convivir, nesa unidade familiar, as/os alumnas/os para as/os que se solicita as axudas
3. Estar cursando ou ter fi lias/os cursando algún dos estudios indicados anteriormente nalgún centro educativo público estatal, no curso 2009-2010 e terse presentando polo menos ó 50% das materias correspondentes á matricula do citado curso
4. A renda per cápita familiar non superará o valor do 150% do IPREM para o ano 2009 (9.490,29 €/ano)
5. Non ser debedor/a da Facenda Municipal, Autonómica e/ou Estatal, así como da Seguridade Social
6. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Cervo





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



