Nota de prensa:
O Alcalde de Foz, José María García Rivera, manifesta que a cidadanía de Foz pode estar tranquila no que se refire aos suelos de núcleos rurais do noso Concello, pois todos veñen recollidos no documento do Plan POL.
Rivera dille ao BNG que a información tense que dar completa e non a medias, e que, o certo é que os núcleos rurais seguen onde estaban e coa mesma forza que antes.
O Alcalde engade que o Urbanismo é un tema complicado e hai que entendelo, e o BNG nestes momentos, non o está a entender, polos motivos seguintes.
1º É certo o que di o BNG en canto a que os núcleos non figuran grafiados no Planeamento do Plan POL, pero é que non poden figurar, porque nese planeamento están grafiadas as Normas Subsidiarias de Planeamento que datan do 1981 e, daquela, non había núcleos rurais.
2º Onde figuran grafiados os núcleos en cor branco é no Modelo de Xestión do Plan, ¿Por qué? Pois porque os nosos núcleos rurales foron aprobados no ano 1991, por unha reforma das normas Subsidiarias, e o articulo 2 do Plan Pol, no ámbito de aplicación di: Que o Plan POL non entra en ámbitos clasificados como: Suelo Urbano ou Suelo de Núcleo que se adquirira como, (aquí está o quid da cuestión) modificación o revisión de aquel, como pasou no Concello de Foz, que mediante reforma das normas Subsidiarias, se conseguiron os Núcleos.
Temos un exemplo claro co Polígono Industrial de Fazouro. Tampouco ben recollido no Planeamento. Non ven porque a modificación se fixo posterior á aprobación das normas subsidiarias, exactamente igual que os núcleos.
O Alcalde si di que o mazazo que pega o Plan POL a Foz é nos suelos urbanizables de AS TORRES-LLAS e FOLGUEIRAS, porque estes suelos déixaos como Mellora-Ambiental. O que significa que todas as esperanzas que tiñamos de situalos no Plan como de ORDENACION, quedaron esfumadas. Eses suelos en Mellora-Ambiental van a ser moi difíciles de levar adiante. Rivera manifesta que no seu dia non se me fixo caso e tanto o BNG, como o PP dicían que enganaba aos veciños, e agora vemos o que está a suceder. Cando co Plan Parcial que se tiña presentado podían construír a pesar de ceder o 40 % para viais, zonas verdes, equipamento deportivo e social. Agora van a tardar moito tempo, debido aos controles e informes que estes suelos van a sufrir para poder construír.






















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



