Nota de prensa
O Alcalde do Concello de Foz manifesta que resulta curioso o que está a pasar co PP e co Sr. Cancio, que ámbolos dous, como xa vimos dicindo, están desenvolvendo o pacto previsto, e que nós denunciamos fai dous meses. Para isto non hai máis que fixarse na nota de prensa do PP na Voz de Galicia do día 5 do mes en curso, e o que di Cancio no seu escrito de dimisión, enviado os medios de comunicación. É o mesmo, é dicir, un centra e o outro remata.
Pois ben, teño que dicir que as persoas serias, cando falan de sentencias, deben dicir a qué se refiren, e non dicir “quero ver todas as sentencias”, pois hai sentencias que van contra persoas por Asuntos Sociais e están protexidas. Agora ben, sobre sentencias de urbanismo, non se preocupen que, aínda que non digan cales, ensinaremos todas as que existan, se é que existe algunha, cousa que non recordo. En calquera caso, nada importante.
Polo que se refire ás festas do San Lourenzo e Entroido, miren os decretos de Alcaldía miren as contas de liquidación do Orzamento e miren, en definitiva, os papeis, señores do PP, e deixen traballar a quen traballa, porque ninguén quixo crear unha comisión para realizar as festas e tivo que ser este Alcalde e o seu Grupo, ademais de uns colaboradores e colaboradoras quen déramos o callo, e vostedes mentres tanto, durmindo no sofá e agora veñen a pedir contas.




















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



