Nota de prensa:
“O BNG DE ALFOZ INSTARÁ O ALCALDE A QUE ESIXA PRAZOS O GOBERNO DA XUNTA PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DA PARCELARIA”
O BNG de Alfoz presentará unha iniciativa no concello de Alfoz para instar ó alcalde a esixirlle a Xunta de Galicia que dirixe o seu partido que dea prazos e se comprometa en datas para a execución e finalización das obras de concentración parcelaria en Alfoz.
As obras do proxecto de concentración parcelaria Val de Alfoz reactiváranse co bipartito e trala petición do Bng de Alfoz, tras máis de 15 anos co proxecto estancado.Dende a entrada do pp no goberno da xunta paralizáronse as obras quedando a meirande parte das pistas e estradas do concello nun estado de precariedade total, onde antes había estradas levamos máis de dous anos con pistas de terra polas que é moi dificultosa a circulación con vehículos, con buratos que superan en moitos casos os 20cm de profundidade, e tal cantidade de lama e pó que impiden o transito a pé.
Fai meses que o alcalde nunha visita a consellería de medio rural anunciara o compromiso da mesma para o arranxo das pistas pero tras moitos meses de espera o arranxo das pistas continúa facéndose desexar e sen ningún compromiso real de execución das obras.
Cabe resaltar a importancia que ten o remate da concentración parcelaria para os concello e os seus veciños, non só é preciso é urxente o arranxo e remate das pistas que levan máis de dous anos en obras, senón que tamén é urxente a realización das parcelas e a entrega das mesmas os seu donos, os veciños levan anos sin poder dispor libremente das súas fincas ó estar intervidas pola xunta de Galicia ata que o proceso de concentración remate, proceso que empezou fai máis de 15 anos e non ten visos de rematar.
Dende fai meses a deputación e a xunta intercambian acusacións sobre a culpabilidade do estado no que se atopan a pistas, pero a realidade e que os uns polos outros e a cociña sen varrer.
Agora a xunta anuncia novamente que iniciará a tramitación das obras,pero o que precisan os veciños é un compromiso real, un compromiso con datas no calendario para o remate total do proceso de concentración, dende o remate das pistas a entrega das fincas os veciños.
Dende o Bng lamentamos que dende a alcaldía tan só se reciban palabras e non se observe ningún resultado positivo que repercuta nos veciños de Alfoz.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



